2024-Relatorio-Vida-Vivenda-Mariñeira-Ares

O salón de actos da Alianza Aresana acolle o relatorio “Vida e vivenda mariñeira en Ares: 1940-1970”

Comparte esta nota de prensa

Xurxo Antelo, investigador do grupo HISTRAGA da Universidade de Santiago de Compostela, fará un percorrido histórico centrado na vila aresán o venres, 5 de abril, ás 20:00 horas.

Como evolucionou a localidade aresán ao longo do período 1940-1970 en termos sociais e urbanísticos? Que conclusións poden extraerse deses 30 anos de grandes cambios e desenvolvemento industrial? Para resolver algunhas destas cuestións formúlase o relatorio Vida e vivenda mariñeira en Ares o próximo venres, 5 de abril, ás 20:00 horas no salón de actos da Alianza Aresana, con entrada de balde até completar aforo.

O relatorio estará impartido por Xurxo Antelo Alvite, graduado en Ciencias Políticas e da Administración, cun máster en Historia Contemporánea e membro do Grupo de Historia Agraria e Política do Mundo Rural (HISTRAGA) da Unviersidade de Santiago de Compostela (USC). Antelo tamén é investigador centrado no estudo das elites e clientelismo político na Transición cara a democracia, cunha perspectiva local e ruralista.

A súa charla divulgativa será unha boa oportunidade para afondar en como o eido mariñeiro impactou no municipio, mais tamén na vida cotián diaria dos e das aresáns. A maiores, Xurxo Antelo tamén estará o venres pola mañá co estudantado de secundaria do CPI As Mirandas facendo unha ruta guiada polos espazos protagonistas da súa investigación, especialmente no que atinxe ás denominadas coma ‘Casas Baratas’ ou Grupo de Vivendas Salvador Moreno.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña