O Mosteiro de Santa Catalina acollerá unha charla para afondar na pintora lucense Julia Minguillón

Comparte esta nota de prensa

Mañá, mércores 17 de xullo, ás 20:00 horas, a Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina organiza, en colaboración co Concello, unha xornada adicada á pintora Julia Minguillón, a primeira muller en gañar unha Medalla de Ouro nas Exposicións Nacionais de Belas Artes e unha artista que retratou, a través da súa obra pictórica, a España da posguerra.

Será María Fidalgo Casares, doutora en Historia da Arte e especialista en pintura histórico-militar, a ponente encargada de realizar o percorrido polo estilo e traxectoria de Minguillón, deténdose  na composición ‘Escola de Doloriñas, ao sintetizar moitos dos trazos principais da artista de Lugo.

Divulgarase así a unha figura de mediados do século XX que renovou a arte galega traballando co vangardismo da época, xusto como facían as súas coetáneas Maruja Mallo ou Elena Gago. Minguillón caracterizouse polo seu estilo realista, con gran dominio técnico, e temáticas de escenas cotiáns, obras relixiosas e paisaxísticas ou mesmo retratos da elite da sociedade galega.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña