O M. Presas vén de ampliar a súa oferta de rutas marítimas ata o 1 de novembro pola demanda que está a recibir nas últimas semanas!

Comparte esta nota de prensa

Así que se estabas pensando en subirte ó barco para ver dende unha nova perspectiva a costa de Ares, podes facer as túas reservas no 609 22 42 23.

Á túa disposición tes varios itinerarios de hora e media de duración tanto pola mañá (de 11:00 a 12:30 horas e de 12:30 a 14:00) coma pola tarde (de 17:00 a 18:30 e, finalmente, de 18:30 a 20:00), baixo un prezo de 8 euros para os menores e 15 euros para os adultos. A maiores de vivir unha experiencia mariñeira, tamén poderás afondar na mitoloxía local navegando preto das Illas das Mirandas, un elemento paisaxístico fundamental na identidade aresá. Non quedes sen o teu percorrido pola ría!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña