O Concello de Ares e FEGADACE colaboran na sensibilización e prevención do dano cerebral cunha exposición e unha sesión informativa
A colección de fotografías poderá visitarse dende hoxe, luns 10, ata o 23 de outubro no Centro de Saúde de Ares, namentres que a charla se celebrará o 24 de outubro na Alianza Aresana. Ares contará durante as próximas semanas con dúas iniciativas centradas en dar a coñecer a realidade das persoas con dano cerebral, […]
O M. Presas vén de ampliar a súa oferta de rutas marítimas ata o 1 de novembro pola demanda que está a recibir nas últimas semanas!
Así que se estabas pensando en subirte ó barco para ver dende unha nova perspectiva a costa de Ares, podes facer as túas reservas no 609 22 42 23. Á túa disposición tes varios itinerarios de hora e media de duración tanto pola mañá (de 11:00 a 12:30 horas e de 12:30 a 14:00) coma […]
110 veciños e veciñas de Ares desprazáronse ata Lugo o venres pasado para desfrutar do San Froilán!
Unha das principais celebracións galegas no outono onde a gastronomía, o folclore e a escolma de espectáculos de música, teatro e maxia cobran especial relevancia. A nosa veciñanza desfrutou dos atractivos da cidade lucense a través da iniciativa que organizou a Concellaría de Benestar e Igualdade de Ares, habilitandos dous autobuses de ida e volta […]