O Contacontos “Kalopsia” recala en Ares para achegar a Europa ao Público Infantil

Comparte esta nota de prensa

O espectáculo “Coñece Europa con Kalopsia” fixo un percorrido por catro puntos da provincia da Coruña nos últimos meses para achegar a Unión Europea a nenos e nenas. Esta actividade forma parte da programación que EUROPE DIRECT A Coruña ofrece aos concellos adheridos á rede Europa, incluíndo representacións nos concellos de Ares, A Baña, Vedra e na Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña.

“Coñece Europa con Kalopsia” é un obradoiro de contacontos que explica ao público infantil, de 6 a 12 anos, e público xeral, dunha maneira sinxela e entretida o funcionamento e valores da UE. A sesión comezará cun achegamento a algúns contos e libros infantís europeos para coñecer un pouco da tradición literaria da Unión Europea e as diferentes culturas que a compoñen.

A continuación, o público poderá escoitar a narración do libro “Kalopsia. Un planeta non tan diferente: descubre Europa desde o espacio exterior”, editado pola Representación da Comisión Europea en España. O conto está pensando para que os nenos e nenas coñezan a orixe da Unión Europea e entendan que a diversidade é un valor que nos enriquece.

Para rematar, os cativos converteranse en protagonistas e poderán xogar a formar os seus propios países e alianzas. A actividade contará con intérprete de lingua de signos para garantir a accesibilidade.

Tras percorrer A Baña, Vedra e a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña, a última función deste espectáculo poderá disfrutarse no noso municipio. A representación terá lugar mañá mércores 15 de novembro ás 18 horas na Alianza Aresana.

Pódeche interesar