CAMPAÑA DE NEVE 2024

Comparte este evento

Do 12 de xaneiro ao 19 febreiro

PRAZO LÍMITE DE INSCRICIÓN: 01/12/2023

  • Valgrande-Pajares
  • A rapaces/zas de entre 11 e 15 anos, inclusive, cumpridos a 31/12/2023
  • Inscripcións no teu concello de empadroamento da provincia da Coruña
  • Ademais dos cursos de esquí, contaremos con actividades complementarias, ou alternativas no caso de que non se poida esquiar.

LUGAR

Valgrande-Pajares (Asturias).

ALOXAMENTO

Albergues a pé de pista na Estación invernal de Valgrande-Pajares.

DURACIÓN

De venres a luns.

SAÍDA

Venres pola mañá, dos puntos de recollida, que se publicaránna páxina web da Deputación da Coruña.

REGRESO

Luns, despois do almorzo.

DESTINATARIOS

Nenos e nenas empadroados nun concello da provincia da Coruña, de 11 a 15 anos inclusive, cumpridos a 31 de decembro de 2023. Terán preferencia os/as nenos/as que non fosen a ningunha campaña de neve da Deputación.

COTA DE INSCRICIÓN

85 € (oitenta e cinco euros). Será ingresada na conta bancaria que se publicará na páxina web da Deputación da Coruña, facendo constar o nome do/a neno/a, Concello e “Campaña de neve 2024”.

INCLÚE

Transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

DOCUMENTACIÓN

Para a formalización da inscrición, debes entregar no teu Concello:

  1. Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polo pai e a nai, ou de ser o caso, polo titor.
  2. Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  3. Fotocopia do carné de identidade do neno ou libro de familia.
  4. Copia do aboamento da cota de inscripción (cando a praza estea con­rmada e no número de conta dado pola Deputación e publicado na súa web).
  5. No caso de que o/a neno/a tivese tratamento ou doenza que teñan que ser tidos en conta, axuntarase certi­cado médico asinado por facultativo/a. De igual xeito, no caso de medicación especí­ca ou alerxia alimentaria ou doutro tipo.

EQUIPO RECOMENDADO

  • Gorro.
  • Guantes.
  • Gafas de esquí e de sol.
  • Anorak térmico.
  • Pantalón impermeable ou similar.
  • Roupa de rúa (pantalóns, zapatos, suadoiros).
  • Equipamento deportivo (camisetas, pantalóns, calcetíns, chancletas para ducha, chándal e zapatillas de deportes).
  • Chuvasqueiro.
  • Mochila pequena.
  • Útiles de aseo (xampú, peite, pasta de dentes e cepillo, desodorizante), toalla de ducha.
  • Pixama, roupa interior.
  • Crema protectora do sol, factor 25 mínimo.

IMPORTANTE

O material propio da actividade deportiva entregaráselle a cada participante durante a celebración da Campaña de neve.

2ª QUENDA (do 19 ao 22 de xaneiro) Ares, A Capela, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, San Sadurniño, As Somozas e Valdoviño.

FORMULARIO INSCRICIÓN en pdf

Pódeche interesar...