O “ConciliAres” pon fin á súa programación lúdico-educativa

Comparte esta nota de prensa

O servizo de conciliación familiar e laboral da área de Igualdade e Benestar, o ConciliAres, encarou hoxe a súa última xornada de actividade coincidindo co peche de agosto. Tras de si deixa unha completa programación co foco posto na diversión, mais sempre dende unha perspectiva formativa para os nenos e nenas que integraron o servizo.

Especial relevancia adoptou a natureza nas actividades que se promoveron: a praia urbana de Ares, o Parque Rosalía de Castro ou a contorna de Lubre foron algún dos espazos naturais que descubriron as crianzas, alternándoo con xogos que van dende a captura de tesouros ó aquaspeed.

Mais tampouco se esqueceu a parte artística, con obradoiros nos que se traballaban habilidades de pintura, ou o eido educativo, participando en charlas coma “Ti si que es un bo peixe”, unha iniciativa da Consellería do Mar co obxectivo de concienciar sobre a importancia de dietas alimentarias equilibradas.

Todo un xullo e agosto, en esencia, marcado polo desfrute, o patrimonio natural, as habilidades artísticas e a posibilidade de que as familias coincilien a rutina laboral co coidado dos máis pequenos!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña