O concurso de pintura Manuel Rebón abre mañá o prazo de entrega de obras

Comparte esta nota de prensa

A recepción dos cadros, de temática libre e baixo técnica de óleo ou acrílico, estenderase dende o 1 ao 9 de setembro no CIRS de Cervás.

A Concellaría de Cultura vén de informar da apertura de recepción de obras para o XV Manuel Rebón, o concurso de pintura organizado xunto ao CIRS de Cervás. Así, as persoas interesadas poderán depositar os cadros que concorrerán no certame dende mañá, 1 de setembro, ata o venres, 9 (ambos incluídos), no propio Local Social do CIRS, baixo un horario de luns a venres, de 19:00 a 21:00 horas, e sábados e domingos de 12:00 a 14:00 e 19:00 e 21:00.

As obras, de temática libre e realizadas con técnica de óleo ou acrílico, deberán contar cun tamaño próximo aos 110×110 centímetros, contando co propio marco da composición. Os cadros deberán estar xa enmarcados ou acondicionados para a súa exposición -é dicir, rematadas polos bordos-.

Despois da recepción de obras, o xurado, composto por persoas vencelladas co eido cultural, desvelarán o fallo o martes, 13 de setembro. Para o primeiro premio entregaranse 1.400 euros; 500 euros para o mellor pintor local e, logo, 300 euros divididos en dous accésits (150 cada un).

Finalmente, a exposición coas obras presentadas abrirase do 15 ao 25 deste mes nas propias instalacións do CIRS.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.