O ConciliAres comeza coa súa actividade ao longo dos meses de verán

Comparte esta nota de prensa

O servizo de conciliación laboral e familiar do Concello, o ConciliAres, iniciou esta mesma semana a súa actividade cos nenos e nenas que participan deste programa chave durante xullo e agosto, axudando ás familias no coidado das crianzas durante as mañás estivais.

Agárdanlles aos máis pequenos dende xogos ao aire libre a manualidades ou obradoiros artísticos, unha programación lúdico-educativa que aglutina diversión, aprendizaxe e exploración da súa contorna de proximidade.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña