O Concello vén de informar dos cambios de horarios que afectarán á Oficina de Información Turística da localidade e á biblioteca municipal

Comparte esta nota de prensa

A Oficina de Información Turística pechará dende mañá, 19 de agosto, ata o luns, 22, ambos inclusive. Porén, as técnicas turísticas atenderán ós visitantes durande toda a fin de semana no stand municipal situado na Avda. Saavedra Meneses, número 16, no seguinte horario:
  • VENRES: de 18:30 a 21:00 horas.
  • SÁBADO e DOMINGO: De 11:30 a 14:00 e de 18:30 a 21:00 horas.

Non estará habilitado o teléfono para responder chamadas nin o aluguer de bicicletas.

No tocante á biblioteca municipal de Ares, esta permanecerá pechada tanto este venres, 19, coma o luns, 22, por motivos de organización derivados do Ares Indiano.

Rogamos desculpen as molestias.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.