O Concello renova a colaboración con Antonio Seijas para o deseño do agasallo institucional

Comparte esta nota de prensa

O artista aresán entregou esta semana a súa composición da Illa das Mirandas, un elemento paisaxístico que sintetizaría a identidade de Ares.

A concelleira de Cultura, Alma Barrón, recibiu este martes pasado o novo deseño do obsequio corporativo do Concello, un encargo elaborado polo premiado artista local Antonio Seijas con acrílicos sobre lenzo, posteriormente capturado e editado en fotografía para facilitar a impresión. Así, o ente municipal amplía a súa colaboración con Seijas, que xa realizara previamente deseños artísticos nesta liña, co obxectivo de axudar na renovación estética da institución.

Na composición que se amosa ao público esta semana, a Illa das Mirandas cobra especial relevancia, considerándose un espazo da paisaxe con valor simbólico. Barrón contextualizou a súa importancia: “durante o proceso creativo, buscamos elementos que puideran resumir a identidade de Ares. As Mirandas serían un lugar que aglutina o sentir identitario do municipio, tanto do núcleo urbano coma das parroquias, e consideramos que é vital poder acceder a elas a través da mirada dun dos nosos principais artistas”. A concelleira de Cultura tamén expresou o seu agradecemento pola doazón de Seijas de parte das láminas realizadas, superando o pedido inicial do Concello.

O emprego de cores con gran intensidade, dende o verde ós trazos de vermello, responden a un interese por construír un deseño que chame notablemente a atención. A inclusión dunha liña máis clara, branca, alude á forma na que a luz se proxecta sobre a Illa das Mirandas cando se pon o sol, segundo o propio Seijas.

De igual maneira, a presenza do mar salienta o vínculo histórico da localidade con el, configurándose coma outro elemento paisaxístico de importancia para Ares. O deseño remata coa incorporación da filigrana corporativa do Concello na marxe superior esquerda, enfatizando o carácter institucional da propia obra.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña