O Concello presenta a programación cultural do verán con preto de 75 actividades

Comparte esta nota de prensa

Hibridada con propostas deportivas e turísticas, a oferta da área dirixida por Alma Barrón chega a Ares co foco posto na “recuperación”.

Festas populares, charlas literarias, concertos, teatro, exposicións… a localidade dinamizarase con propostas para todos os públicos.

O regreso ao ritmo e desfrute dun verán prepandémico: esa é a máxima que resalta Alma Barrón, concelleira de Cultura, na presentación do programa do VeraneAres cultural que se vén de facer público esta mesma mañá. Ares volverá a contar cunha oferta completa e variada para familias, adultos e mocidade, con múltiples formatos e celebracións.

“Tanto as actividades municipais como as do tecido asociativo permiten que falemos dunha clara recuperación da oferta prepandemia”, declarou Barrón, que tamén fixo fincapé no atractivo deste VeraneAres, coordinando esforzos coas Concellarías de Turismo e de Deportes para “achegar un programa moi diversificado e amplo, sobre todo tendo en conta o tamaño da nosa localidade”

A dinamización sociocultural de chegará da man da música, a animación de rúa, as presentacións literarias, os relatorios monográficos, as sesións teatrais e de cine… Múltiples formatos e iniciativas para que todo o mundo poida achegarse á cultura. En total, 75 actividades, incluíndo os eventos deportivos de gran identidade e alcance, como é o caso das regatas, os torneos de tenis e padel ou os campus do Celta e Chiquibasket, axudarán a recuperar o bo ambiente e as dinámicas de Ares tras o impacto da covid-19.

FOLLETO VeraneARES en pdf

 

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña