O Concello organizará unha recepción institucional ao Club de Remo de Ares o vindeiro 26 de outubro

Comparte esta nota de prensa

A institución aresá homenaxeará ao equipo sénior polos seus últimos logros deportivos: o Campionato Galego de Traiñeiras e o título da LGT, a Liga Galega de Traiñeiras e o ascenso á ACT, E tamén se recibirá ao equipo infantil de cuatro scull feminino, gañadoras do Campionato Galego de Remo Olímpico.

A recepción iniciarase ás 12:00 horas, mais posteriormente, ás 12:30 h., o Club Remo de Ares convida a todos os remeiros e remeiras que pasaron polas súas diferentes categorías nos últimos anos a facer unha fotografía histórica, conxunta, na contorna da casa consistorial.

A Concellaría de Deportes promoverá o vindeiro 26 de outubro ás 12:00 horas unha recepción institucional no consistorio aresán para homenaxear os resultados do Club Remo de Ares, exemplo de traballo e bo facer tanto na canteira como no seu desempeño sénior.

Nesa xornada, conmemoraranse os últimos logros deportivos co Campionato Galego de Traiñeiras –a primeira vez na historia do club en gañalo–, a obtención do título da Liga Galega de Traiñeiras (LGT), a Bandeira Teresa Herrera e o propio ascenso á ACT, levando o nome de Ares ao máis alto do remo nacional. Xunto á tripulación dos adultos, como parte da homenaxe, estarán as gañadoras do Campionato Galego de Remo Olímpico en cuatro scull femenino infantil, que contribúen ao prestixio da entidade de remo local.

Os dous equipos serán recepcionados polos representantes municipais e recibirán un agasallo conmemorativo, amais de estampar a súa sinatura no Libro de Ouro do Concello.

 

FOTO HISTÓRICA DO CLUB DE REMO

Xusto despois de formalizar a recepción por parte do Concello, o Club de Remo de Ares convoca ás 12:30 horas a todos os remeiros e remeiras que nalgún momento da súa historia formaron parte da entidade deportiva a achegarse até a contorna da casa consistorial para facer unha fotografía conxunta.

Para o Club de Remo, a instantánea ten carácter “histórico”, ao inmortalizar a moitas das persoas que o conformaron, amais de amosar en certa maneira o impacto do remo nun gran número de veciños e veciñas que na actualidade continúan a apoialos no día a día. Unha fotografía que fala, tamén, de todos os remeiros e remeiras que axudaron a dar os pasos que levaron ao Club de Remo de Ares até este presente de boas novas.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña