A XIII Limpeza Simultánea de Praias chega a Ares

Comparte esta nota de prensa

A Agrupación Instrutiva de Caamouco, coa colaboración do Concello na xestión dos residuos, participará por quinto ano na limpeza de praias que promove ADEGA de xeito simultáneo en toda Galicia durante a xornada do sábado, 26 de outubro.

Nese día, ás 11:00 horas, os voluntarios e voluntarias ambientais que se animen a participar realizarán unha acción de limpeza no areal do Raso. A actividade está aberta a todos os públicos, aínda que a Agrupación fai un chamamento especial á involución da rapazada.

Para sumarse é preciso inscribirse no 680 161 929, por chamada  telefónica ou WhatsApp.

Máis información: www.adega.gal

Pódeche interesar

Notas de prensa

Nova pasarela de acceso á praia de Seselle

A praia de Seselle conta cunha nova pasarela de acceso que substitúe á anterior, que se atopaba moi deteriorada. A nova estrutura será desmontable durante