O Concello convoca unha concentración en solidaridade coas víctimas do terrorismo

Comparte esta nota de prensa

Mañá, mércores, 13 de xullo, cúmprense 25 anos do asesinato de Miguel Ángel Blanco, concelleiro de Ermua, por parte da banda terrorista ETA, un crimen que conmoveu e conmocionou á sociedade e institucións españolas.

Con motivo deste feito, coma lembranza de Miguel Ángel Blanco, mais tamén coma recoñecemento a todas as víctimas do terrorismo, o Concello convoca á veciñanza a concentrarse ante a casa consistorial de Ares ás 12:00 horas, adheríndose á iniciativa promovida pola Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Gardaranse cinco minutos de silencio en repulsa de toda clase de acto terrorista.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,