Ares acollerá a exposición “Óleos pintados con amor” de Gloria López

Comparte esta nota de prensa

A Concellaría de Cultura vén de anunciar a nova exposición que se habilitará na Casa da Xuventude da localidade, complementando as anteriores programacións centradas no eido fotográfico, cunha mostra de cadros da artista Gloria López.

“Óleos pintados con amor” abrirase ó público este venres, 15, ata o 30 de xullo, cunha obra pictórica que se atopa marcada pola pegada da paisaxe. O horario de visita será de luns a venres (9:00 a 14:00, polas mañás, e de 20:00 a 22:00 polas tardes), amais dos sábados (de 12:00 a 14:00 horas).

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,