O Concello anuncia a oferta de escolas deportivas e culturais dispoñibles a partir de outubro

Comparte esta nota de prensa

A veciñanza aresá poderá achegarse a diferentes iniciativas que van dende o tenis, o voleibol ou a vela lixeira á danza moderna, a pintura infantil e a gaita.

O prazo de inscrición para os empadroados/as arrancará xa o próximo luns, 12 de setembro, ata completar grupos, cun proceso integramente telemático a través da páxina web www.concellodeares.gal.

As Concellarías de Deportes e Cultura veñen de facer pública esta mesma mañá toda a oferta de escolas municipais que se acompasará ó calendario académico: 15 iniciativas en total que poñen o foco na diversificación de idades e propostas e se suman, ademais, ás actividades xa publicadas en agosto.

Desta maneira, dende o próximo mes de outubro e ata maio de 2023, Ares contará con sesións de xadrez, tenis ou minibaloncesto, mais tamén múltiples escolas conveniadas que achegan ó municipio unha maior variedade, traballando dende o eido musical ou pictórico á práctica de deportes coma vela lixeira, hockei a patíns ou voleibol.

Todas as persoas interesadas poderán realizar as súas solicitudes dende o luns, 12 de setembro, no caso dos empadroados/as, ou o 21 de setembro para os non empadroados/as. As inscricións tramitaranse en liña na páxina web do Concello de Ares (www.concellodeares.gal), cubrindo o formulario que se atopará no apartado adicado ás escolas deportivas e culturais.

No relativo ós prezos, establécese unha taxa fixa de matrícula de 9,57 euros (empadroados) ou 17,93 euros (non empadroados) e un custe variable en función das prestacións e condicións de cada escola. Iso si, contémplanse tres tipoloxías de descontos, de cara a facilitar o acceso á oferta municipal:

Con 3 ou máis inscritos da mesma unidade familiar: 50 % de desconto na matrícula + 50 % de desconto na cota da actividade de menor importe.
Familia numerosa: 50 % de desconto na matrícula + 50 % de desconto en todas as actividades.
Familias carentes de recursos económicos (require solicitude previa, comprobación e informe emitido polos Servizos Sociais municipais): de balde.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN: https://forms.gle/6nfZ3LKKrvzgjGFi7

INFORMACIÓN DAS ESCOLAS en pdf

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña