Recomendacións trampeo raiñas_Página_1

O Concello adhírese á Asociación Galega de Apicultura (AGA) na súa campaña para iniciar o trampeo contra a velutina

Comparte esta nota de prensa

O Concello de Ares vén de sumarse ao chamamento que realiza a delegación en Ferrolterra de AGA, a Asociación Galega de Apicultura, no que convida á veciñanza a comezar coa realización de trampeos contra a vespa velutina.

Tendo en conta que esta tipoloxía de avespas comezan a saír do seu letargo invernal nestas datas, é o momento de colocar as trampas en hortas ou xardíns para evitar a presenza dos seus niños, un sistema que ten demostrado a súa eficacia cunha redución de ata un 75 % do número de niños na zona, segundo a información que achega AGA.

A captura das raíñas de velutina debe efectuarse dende agora até finais de maio, coincidindo precisamente coa fase de construción e actividade do niño primario, e por iso cobra especial relevancia a execución rápida do trampeo.

Dende AGA poñen a disposición da cidadanía o teléfono 661 378 960 para a resolución de calquera consulta ou dúbida. Con todo, tamén se pode atopar máis información e material para un trampeo eficaz na páxina web do Concello, na seguinte ligazón:

VESPA VELUTINA – CAMPAÑA DE TRAMPEO PRIMAVERAL DE RAIÑAS

Recomendacións trampeo raiñas_Página_2Recomendacións trampeo raiñas_Página_3Recomendacións trampeo raiñas_Página_4

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña