CARTEL OS ACTOS E AS PROFECÍAS buses Ares (2)_page-0001

Se estás interesado/a en sumarte á visita a Santiago de Compostela que propón a Concellaría de Cultura para achegarse ó espectáculo teatral ‘Os actos e as profecías’ o próximo 13 de abril, aínda estás a tempo de reservar unha praza.

Ante a alta demanda da veciñanza, o Concello fletou un autobús propio que ampliou as prazas iniciais, pasando de 17 ás 39. Na actualidade, restan 7 espazos libres para quen desexe asistir a unha función teatral que ten coma fío condutor os chamados talent shows, un dos formatos televisivos de maior éxito nos últimos anos. Nel abordaranse temáticas como a competitividade, as presións constantes ou as esixencias impostas para o recoñecemento profesional.

O autobús de ida e volta é de balde e, nesta ocasión, contempla un cambio: fletarase ás 16:00 h. dende Ares, non ás 15:00 h. como estaba previsto inicialmente, e sairá dende Compostela ás 21:00 h. aproximadamente.

Podes inscribirte de xeito presencial na biblioteca municipal, pagando no momento de inscrición os 3 euros que supón a entrada á función.

En colaboración co Centro Dramático Galego (CDG).