2024-Club de lectura-marzo-1

Nova xuntanza do club de lectura do Concello

Comparte esta nota de prensa

Unha travesía pola perda, mais tamén un canto á forza inesperada do amor son o fundamento de El olor del bosque (Errata Naturae, 2020) o último libro escollido polo club de lectura municipal coma compañía do mes de marzo e que comentaron este venres pasado na Alianza Aresana.

A través da prosa de Hèlene Gestern, as lectoras descubriron unha novela múltiple, emocionante, onde se relatan feitos dolorosos relacionados coa historia de desaparecidos pola Primeira e Segunda Guerra Mundial. A prosa de Gestern fala de memoria, de silencio, de pasado e do extraordinario poder da fotografía, e articula unha lectura moi recomendable.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña