DEFINITIVO CONTACONTOS HELGA

Mañá, martes, 9 de abril, ás 18:00 horas terá lugar a sesión de contacontos ‘Que contan as árbores? que achegan dende a Biblioteca Municipal de Ares e que se desenvolverá nas instalacións da Alianza Aresana. Esta é unha actividade de balde para os nenos e nenas de 5 a 10 anos e que se enmarca na programación do Día do Libro Infantil e Xuvenil que se celebra ao longo deste mes.