Dende o EDLG do CPI As Mirandas e a Concellaría de Cultura do Concello de Ares lanzamos o IV Concurso de escritura creativa de Microrrelatos. A través del podedes deixar voar a vosa imaxinación e trasladarnos a vosa creatividade.
O concurso consistirá en crear un microrrelato de tema libre en galego a partires dunha das seguintes frases propostas.
A frase que elixades será o comezo do microrrelato.
FRASES
- Toda a vila de Ares era un animal sedento de…
- Senteime na última fila do autobús
- Nunca vira tal cousa!
- Pouco a pouco as rúas ían enchéndose de cor…
- Case nin o vimos chegar!
BASES
- O microrrelato terá a extensión limitada a 200 palabras.
- Deberá levar obrigatoriamente un título.
- O límite de envío do número de microrrelatos por participante será de dous, sempre e cando se cumpran os criterios establecidos nas bases.
- O/a participante fará constar no mesmo o seu nome e apelidos, idade e curso así como un teléfono e correo electrónico de contacto.
- Poderán participar mozos e mozas empadroadas en Ares e alumnado do CPI As Mirandas.
- Os gañadores/as da pasada edición non poderán concursar a premio nesta convocatoria.
CATEGORÍAS
- Categoría A: alumnado de primaria (4º, 5º e 6º)
- Categoría B: alumnado de ESO
FORMA DE PARTICIPACIÓN E PREMIOS
- Por email aos correos: tesmoitalingua@gmail.com ou cultura@concellodeares.com
- Entrega no CPI As Mirandas ou na Biblioteca Municipal nos horarios habituais de apertura.
- Prazos de entrega: dende o 2 de abril ao 15 de abril, ambos incluídos (hora límite: 19:30 h)
- Haberá 1 gañador/a (premio: tablet ou ebook) e 1 finalista en cada categoría (lote de libros).
- O xurado estará composto por profesorado do CPI as Mirandas e por unha persoa proposta pola Concellería de Cultura.
- O acto de entrega de premios celebrarase o martes 23 de abril ás 18:30 h no salón de actos da Alianza Aresana.