Intrépidos e valentes exploradores, portando as súas lanternas, enfrontáronse ás teas de araña e á escuridade mentres se aventuraban na enigmática Alianza Aresana.

Comparte esta nota de prensa

O edificio que alberga a biblioteca municipal de Ares transformouse nun lugar inusualmente sombrío para dar a benvida ao Buscapistas do Samaín, unha iniciativa incluída na programación cultural do Concello para esta tempada.

Tanto nenos e nenas de idades comprendidas entre 3 e 6 anos, os 7 e 10 anos, así como os 11 e 14 anos, adentráronse na Alianza Aresana en busca de pistas e misterios. Ademais, durante esta semana, terán a oportunidade de gozar cun taller temático do Samaín. E o vindeiro domingo, toda a familia poderá deleitarse con castañas asadas, atraccións inflables e participar no concurso de cabazas.

Lembra que esta celebración levarase a cabo na Praza da Constitución ás 17:00 horas, ou, en caso de condicións climáticas adversas, trasladarase á pista cuberta do CPI As Mirandas!

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,