Como parte deste compromiso, planificouse unha serie de actividades que levarán a cabo ao longo dos anos 2023 e 2024. Algunhas destas actividades xa se están realizando. O obxectivo principal destas accións é promover a saúde e o benestar da poboación, fomentando contornas e estilos de vida saudables e fortalecendo a seguridade.

A continuación, achegamos a ligazón para acceder á presentación relacionada con esta iniciativa: PRESENTACIÓN en pdf

Esta estratexia reflicte o compromiso do Concello de Ares en mellorar a calidade de vida da súa poboación e en contribuír á promoción da saúde na veciñanza. Esperamos que estas accións teñan un impacto positivo na saúde e o benestar dos nosos habitantes.