Finalizan as obras de conexión da rede de abastecemento no Mazote coa rúa María e a Real

Comparte esta nota de prensa

A Concellaría de Obras vén de informar do remate esta semana da conexión da rede de auga potable na zona do Mazote coas rúas María e Real, unha intervención que afectou á intersección da Avenida Federico García Expósito na súa marxe con ambas vías.

As obras, segundo o contextualizado polo edil José Juan Vilar, responde a que no punto de entrada ao camiño de Pedrós existe un ramal da tubería xeral desde os depósitos de Catabois, tubería que se pretende aproveitar para dar servizo directo a estas dúas rúas do centro urbano, realizando os traballos necesarios para a conexión e así mellorar o subministro de auga coa presión óptima en toda a área.

Esta actuación contou cun investimento de 34.804,89 euros asumido íntegramente polos fondos municipais e supuxo a instalación dunha arqueta e un pozo de rexistro, cunha tubería de polietileno de 90 mm de diámetro, para realizar a nomeada conexión

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Galicia sabe a Mar en Ares

Veciñanza e visitantes puideron degustar ao longo da xornada de onte algúns dos sabores únicos que conforman o patrimonio gastronómico galego. A foodtrack da campaña