O edil de Seguridade, José Juan Vilar, vén de entregar os 3 desfibriladores adquiridos polo Concello á Policía Local

Comparte esta nota de prensa

O edil de Seguridade, José Juan Vilar, vén de entregar os 3 desfibriladores adquiridos polo Concello á Policía Local, despois da xornada de formación técnica que se impartiu en abril, organizada conxuntamente entre a área municipal de Seguridade e a Policía Local de Ares e na que se achegaron coñecementos tanto de reanimación cardiopulmonar (RCP) coma de manexo dos equipos.

Tras o investimento realizado polo Concello, que ascende a 4.000 euros con IVE, Ares disporá dun total de 5 desfibriladores semiautomáticos: 4 deles serán fixos e situaranse no consistorio, no campo municipal de Prados Vellos, no pavillón polideportivo e na caseta de socorrismo, e o último levarase no propio vehículo patrulla da Policía Local aresá.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.