Durante estes días, no Mosteiro de Santa Catalina atoparás unha exposición de 20 paneis nos que se recolle a localización, descrición e funcionalidades das baterías de costa da provincia da Coruña, unhas construcións estratéxicas e historicamente indispensables para a protección do territorio marítimo.

Comparte esta nota de prensa

A día de hoxe, son miradoiros únicos dende os que contemplar a paisaxe do Golfo Ártabro.

A mostra, cedida temporalmente ao Concello pola Deputación da Coruña, poderá visitarse no cenobio ata o 31 de agosto, baixo horario de 18 a 20 horas, de luns a domingo, e tamén de 12 a 14 horas os domingos e festivos.

Con todo, a iniciativa tamén inclúe este xoves, 25 de agosto, ás 20:00 horas, unha conferencia sobre a importancia destes elementos defensivos impartida por José Manuel Yáñez Rodríguez, xefe de Servizo da Arquitectura da Deputación da Coruña e José Manuel López Hermida, estudoso da historia militar. Ambos son autores do libro “A defensa da costa. Provincia da Coruña”. A conferencia estará presentada polo alcalde da localidade, Julio Iglesias Redondo.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.