Durante estes días, no Mosteiro de Santa Catalina atoparás unha exposición de 20 paneis nos que se recolle a localización, descrición e funcionalidades das baterías de costa da provincia da Coruña, unhas construcións estratéxicas e historicamente indispensables para a protección do territorio marítimo.

A día de hoxe, son miradoiros únicos dende os que contemplar a paisaxe do Golfo Ártabro. A mostra, cedida temporalmente ao Concello pola Deputación da Coruña, poderá visitarse no cenobio ata o 31 de agosto, baixo horario de 18 a 20 horas, de luns a domingo, e tamén de 12 a 14 horas os domingos […]

O rap improvisado chegará a Ares na primeira edición da Batalla de Galos do Concello

As áreas de Cultura e Mocidade presentaron esta mañá unha iniciativa que mellora a oferta lúdica destinada á xuventude. O 3 de setembro, ás 18:00 horas na Praza da Constitución, 8 freestylers galegos enfrontaranse en varias rondas de rimas e música. A concelleira de Cultura, Alma Barrón, e a edil de Mocidade, Noelia Montero, presentaron […]

Ares acolle de novo a exposición sobre os oficios do mar e a actividade litoral

Esta mostra do proxecto colaborativo «Ares e Valdoviño no mar» estará dispoñible diante da casa consistorial ata o próximo luns, 29 de agosto. O pasado mes de xuño, durante a celebración de San Xoán, veciñanza e visitantes puideron achegarse a unha exposición itinerante que debullaba a relación pasada e presente de Ares co mar, afondando […]