Quinta ruta do SendAres completada!

Os excursionistas que se animaron a participar no programa municipal de sendeirismo achegáronse onte á contorna de Eume-Eirís para desfrutar dunha agradable xornada de deporte. Arrancaron dende o Museo Etnográfico da Capela e dirixíronse ao Mosteiro de Caaveiro, incluíndo no seu itinerario un tramo do Camiño dos Encomendadeiros. Logo continuaron o descenso para chegar ao […]
Nun marco espectacular —a cociña do Mosteiro de Santa Catalina—, o alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias; a presidenta da Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina, Celsa Formoso, e Rita Peinado, autora do limiar da obra, presentaron durante a xornada do sábado a reedición de En la falda de la Bailadora, publicada polo Concello coa colaboración da Deputación da Coruña.

O volume, escrito polo finado veciño Carlos Rodríguez Cartelle, permite recuperar parte da historia de Ares; aquela que fala dos espazos, das paisaxes, das festas, dos patróns, da gastronomía característica da nosa localidade… Unha historia do pobo aresán que sae á luz e que se pon a disposición da veciñanza coma unha mostra do esforzo […]
Ares recibirá case medio millón de euros para a renovación integral do seu pavillón polideportivo

O Instituto para la Diversificación y Ahorro de Energía (IDAE) aprobou a proposta remitida polo Concello para executar un ambicioso proxecto de mellora da eficiencia enerxética do polideportivo, de cara a aforrar non só en termos medioambientais, senón tamén económicos. Renovaranse os cerramentos (fachadas e cuberta), a carpintería e a totalidade das instalacións de iluminación […]
Este sábado, 18 de febreiro, o Mosteiro de Santa Catalina será o escenario da presentación de “En la falda de la bailadora”!

Ás 18:30, coas intervencións do alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias, e representantes da Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina, debullarase a última publicación realizada polo Concello coa colaboración da Deputación da Coruña; unha obra para entender o pasado aresán e proxectarse cara o futuro. En la falda de la bailadora, do finado […]
Inscricións xa abertas para o curso de “Xestión de residuos urbanos e industriais” no marco do Plan de Emprego Local (PEL) da Deputación

O Concello de Ares vén de informar da próxima posta en marcha da formación con certificado de pofesionalidade “Xestión de residuos urbanos e industriais” por parte da Deputación da Coruña dentro do seu Plan de Emprego Local (PEL). Trátase dun curso de máis de 500 horas teórico-prácticas ao que se poderán sumar as persoas empadroadas […]
Na tarde deste venres, 17 de febreiro, atoparás no paseo marítimo uns cantos postos moi especiais!

Os pequenos e pequenas de 6º de Primaria estarán detrás deles organizando un Mercadillo de Entroido que lles axude a sufragar os custos da súa viaxe de fin de curso. A rapazada venderá comida e artesanía, pero tamén farán tatuaxes infantís, pintacaras, retos… e ata haberá música en directo. Achégate ata alí para botar unha […]
Queres aprender a manexar un ordenador dende o máis fundamental (como se move un ratón, que hai no escritorio, como navegar por Internet…)? Ou quizais comezar a deseñar presentacións e usar follas de cálculo no teu día a día?

Tes a posibilidade de facer todo isto nos cursos que promove o Concello na Casa da Xuventude, na súa Aula CeMIT, ambos coas inscricións xa abertas! O primeiro deles, o Curso de informática básica, achega unha visión global dos elementos esenciais dentro do ordenador. Serve como primeiro contacto coa tecnoloxía, orientado ademais a cuestións prácticas […]
Lembra que durante todo este tempo a recepción de manuscritos para o “I Premio Novela Curta Alén Concello de Ares” segue activa!

A iniciativa aceptará textos literarios ata o 15 de maio, así que aproveita para preparar a túa novela e sumarte á convocatoria. A Concellaría de Cultura e Hércules de Ediciones promoven o certame para poñer en valor, dende novas perspectivas, a propia migración galega, preferentemente de alén mar, aínda que poida referirse a calquera outra […]
Aviso de recollida de enseres

Lembramos que esta mesma noite do martes, 14 de febreiro, todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso, ao carón dos contedores de lixo habituais. A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes.
O Entroido chega a Ares para que crianzas e adultos desfruten ao longo da tarde do 22 de febreiro

Dende as 17:00 horas, a Praza da Constitución da vila converterase nun espazo de xogo, obradoiros, chocolate e orellas baixo a programación que desenvolve a Concellaría de Cultura. Tamén haberá tempo para a tradicional queima do Entroido a partir das 19:30 h. Se a climatoloxía non acompaña, as actividades trasladaranse á pista exterior do CPI […]
O punto limpo móbil vén de ser instalado esta mañá polo Concello na parroquia de Lubre, preto da igrexa románica!

Dende hoxe ata a finalización da semana, xa podes depositar alí os teus residuos domésticos. A seguinte parada do punto limpo, correspondente á última semana de febreiro, realizarase en Pedrós.
O Mosteiro de Santa Catalina acollerá esta semana a presentación de “En la falda de la bailadora”, un libro para recuperar parte da memoria de Ares

O acto celebrarase o sábado, 18 de febreiro, ás 18:30 horas, coa participación do alcalde da localidade, Julio Iglesias, e representantes da Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina. A obra, publicada ao abeiro da colaboración permanente coa Deputación da Coruña, garda dentro do seu texto as mencións á receita gastronómica do millo corvo […]