Ares propón un programa de actividade física adaptada ás persoas maiores de 70 anos

O Concello presentou hoxe esta iniciativa baixo o nome de ACTÍVATE +70, que procura ofrecer alternativas a este colectivo de idade máis avanzada para incorporar un estilo de vida saudable, onde o deporte adaptado contribúa ao seu benestar persoal. Organizaranse exercicios de coordinación corporal, estiramentos, consciencia respiratoria, dinamización grupal, de forza, mindfulness básico… achegando unha […]
Punto limpo móbil dispoñible na contorna de Chanteiro

O punto limpo móbil do Concello vén de ser instalado na contorna de Chanteiro! Xa podes achegarte alí a deixar os teus residuos domésticos especiais ao longo da semana: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.
Renovación de DNI na Alianza Aresana

O Concello informa da reinstauración do servizo de renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI), paralizado até o de agora por motivos alleos á institución. Este 4 de novembro poderás renovalo na Biblioteca Municipal de Ares con reserva previa. Lembra que é posible facelo ata 6 meses antes da data de caducidade! Concerta a túa […]
Cambio de horario na Biblioteca Municipal de Ares

A Biblioteca Municipal de Ares cambiará dende hoxe, 21 de outubro, o seu horario de apertura. A partir de agora, estará aberta de luns a venres, de 9:30 a 13:00 h. e de 16:30 a 19:30 h. Os mércores permanecerá pechada durante todo o día.
O Concello celebra o Día das Bibliotecas cun espectáculo infantil para viaxar entre libros

A Biblioteca Municipal de Ares acollerá este xoves, 24 de outubro, ás 19:00 horas o espectáculo ‘Un universo na túa maleta’ de Ana Meilán para conmemorar o Día das Bibliotecas 2024 que se celebra durante esa mesma xornada. Un espectáculo para toda a familia, co foco posto nos máis pequenos e pequenas, no que se […]
O SendAres completa a súa primeira ruta polas Fragas do Eume

Os e as sendeiristas que se animaron a participar no primeiro itinerario deste programa municipal da Concellaría de Deportes gozaron durante o día de onte da paisaxe galega! Os regatos, os cambios dunha vexetación cada vez máis outonal e mesmo o río Eume, coas súas augas ben verdes, foron protagonistas do percorrido de 14,5 quilómetros, […]
Unha cadea humana en solidaridade coa loita contra o cancro de mama

A veciñanza de Ares colleuse das mans durante a mañá de onte para construír, eslabón a eslabón, unha cadea humana que conmemorase o Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama. Así responderon os veciños e veciñas á iniciativa organizada pola Xunta Local da Asociación Española contra o Cancro (AECC) en Ares, coa colaboración […]
Ares recibe a Bandeira Verde de Galicia polo seu compromiso medioambiental e paisaxístico

A nosa localidade vén de ser recoñecida co distintivo de Bandeira Verde da Xunta de Galicia por primeira vez, xunto con outros 23 concellos das provincias galegas que lideran, como Ares, o coidado paisaxístico das súas contornas. A Bandeira Verde actúa como unha acreditación do compromiso de veciñanza e Concello co medioambiente e o patrimonio […]
Afal divulga a complexidade do alzheimer en Ares

En dúas sesións producidas tanto este martes como xoves pasados no salón de actos da Alianza Aresana, o equipo especialista de Afal Ferrolterra achegouse até a localidade aresá para debullar as circunstancias arredor do alzheimer e outras demencias. Nestas xornadas de corte divulgativo, a veciñanza puido coñecer mellor as sinais de alerta que produce o […]
Ares contra o cancro de mama

Durante estes últimos días, e tamén ao longo de toda a fin de semana, a casa consistorial de Ares conta cunha nova iluminación sobre a súa fachada, un xesto simbólico para conmemorar o Día Internacional da Loita contra o Cancro de Mama que se celebra cada 19 de outubro. O Concello súmase así á xornada […]
A XIII Limpeza Simultánea de Praias chega a Ares

A Agrupación Instrutiva de Caamouco, coa colaboración do Concello na xestión dos residuos, participará por quinto ano na limpeza de praias que promove ADEGA de xeito simultáneo en toda Galicia durante a xornada do sábado, 26 de outubro. Nese día, ás 11:00 horas, os voluntarios e voluntarias ambientais que se animen a participar realizarán unha […]
O Concello organizará unha recepción institucional ao Club de Remo de Ares o vindeiro 26 de outubro

A institución aresá homenaxeará ao equipo sénior polos seus últimos logros deportivos: o Campionato Galego de Traiñeiras e o título da LGT, a Liga Galega de Traiñeiras e o ascenso á ACT, E tamén se recibirá ao equipo infantil de cuatro scull feminino, gañadoras do Campionato Galego de Remo Olímpico. A recepción iniciarase ás 12:00 […]