Gargalladas e teatro musical na Alianza Aresana!

Comparte esta nota de prensa

No marco da programación de Nadal, estes días na Biblioteca Municipal de Ares resoaron as risas e tamén a música coas últimas propostas da Concellaría de Cultura.

Primeiro chegou Leti da Taberna o venres pasado para facernos pensar nas nosas vacacións e o tipo de tempo de lecer que temos dentro do monólogo Jastac Japi Jolidais. Tirando de retranca e irreverencia, convidou ao público a preparar as cámaras selfies, abrir as redes sociais e preguntarse se vivimos como desexamos.

E onte mesmo o jazz e o blues protagonizaron a sesión de Gallaecia Eventos no salón de actos da Alianza Aresana co seu espectáculo de teatro musical, onde afondaron nas orixes destes xéneros grazas ao gato Jazzy e o can Blusy.

Estas foron algunhas das instantáneas das xornadas culturais!

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.