Ares recupera o lavadoiro da Fonte da Tella, en Lubre, o cuarto rehabilitado polo Concello nos últimos anos

A institución aresá completou esta semana a intervención, que se suma deste xeito ó reacondicionamento dos lavadoiros de Baixolo, en Seselle; Bulleiro, en Lubre, e A Torre, en Cervás. “Desde o goberno local dignificamos de novo un espazo cun claro valor etnográfico e tamén cun valor emocional para a veciñanza da contorna. Foron espazos fundamentais […]
O Samaín en Ares: unha biblioteca de medo e moitas lecturas terroríficas

A Concellaría de Cultura vén de presentar parte da programación para celebrar a efeméride, incluíndo diferentes xogos de buscapistas na biblioteca municipal de Ares. Será necesario inscribirse previamente a partir do 30 de outubro ás 16:00 h. vía telemática na web do Concello. Haberá outras dúas actividades complementarias nas instalacións da Alianza Aresana: unha mesa […]
Prazas libres para a renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI)

Se o teu DNI está caducado ou o fará pronto, aínda estás a tempo de renovalo na Biblioteca Municipal de Ares, baixo o servizo que prestará a Policía Nacional para facilitar o desprazamento da cidadanía o vindeiro 4 de novembro. Concerta a túa cita acudindo presencialmente ás instalacións da Alianza Aresana ou a través do […]
O Concello impulsa unha campaña de carácter medioambiental para poñer en marcha dúas novas illas de compostaxe colectivas

Os novos composteiros comunitarios estarán operativos dende a próxima semana dando a posibilidade de xerar compost que se empregará en xardíns municipais ou se repartirá a quen o solicite para as súas fincas. Con todo, a campaña arranca xa hoxe mesmo, 29 de outubro, que é cando se comezan a realizar visitas porta a porta […]
O Concello de Ares recibe unha axuda para a execución do proxecto MARES DE ARES que executarase nas anualidades 2024-2025
O Concello de Ares recibe unha axuda por importe de 51.207,20 € correspondente ao 80% para a execución do proxecto MARES DE ARES que executarase nas anualidades 2024-2025 e financiado ao Orde do 28 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro das […]
Regresa o Club de Lectura Municipal de Ares para este novo curso

Pecha o mes de outubro coa primeira das xornadas do Club de Lectura Municipal de Ares! Volveu á actividade despois do parón estival para comentar ‘Los extraños’ (Editorial Periférica, 2014), a obra de Vicente Valero que aborda as circunstancias particulares de catro homes enigmáticos, de pasados indefinidos por apenas unhas poucas novas ou anécdotas que […]
O Concello homenaxea o esforzo do Club de Remo de Ares

Moitas emocións, a cabalo entre o orgullo e a alegría, foron as que se viviron esta fin de semana no salón de plenos do consistorio aresán. A corporación municipal recepcionou aos remeiros e remeiras este mesmo sábado do Club de Remo de Ares nas súas categorías sénior e catro scull infantil feminino para celebrar os […]
O voluntariado da Agrupación Instrutiva de Caamouco retira 100 quilos de lixo da praia do Raso

Os preto de vinte voluntarios e voluntarias que se sumaron á limpeza do areal do Raso impulsada pola Agrupación, en colaboración co Concello na retirada e xestión dos refugallos, extraeron uns 100 quilos de lixo, entre eles bastóns para os oídos, cabichas, tapóns de botellas, restos de batea, anacos de cordas e tampóns. Dende a […]
O Concello de Ares e a delegación territorial da Xunta en Ferrol supervisan as obras de reforma e ampliación do CPI As Mirandas

Representantes das dúas entidades visitaron onte o centro educativo, que recibirá o vindeiro 2025 un investimento de 2,1 millóns de euros con cargo ao orzamento do executivo autonómico. Para o goberno local, a intervención é un paso fundamental na remodelación dunha infraestrutura de 50 anos que non só ampliará o edificio, senón que tamén renovará […]
A veciñanza máis pequena de Ares conmemora o Día das Bibliotecas 2024

Cunha biblioteca municipal de Ares ben chea, nenos e nenas gozaron coas súas familias do espectáculo de narración oral de Ana Meilán que organizou onte a Concellaría de Cultura no andar superior da Alianza Aresana polo 24 de outubro, Día das Bibliotecas 2024, no marco do programa ‘Ler conta Moito’. Baixo o título de ‘Un […]
O Concello organiza unha nova edición de Academia AresXSalud, o programa educativo para fomentar hábitos saudables nos veciños e veciñas

Despois do éxito colleitado o ano pasado, esta iniciativa de carácter divulgativo regresa con 8 sesións orientadas a achegar coñecemento que mellore a calidade de vida da veciñanza, con propostas de balde e que interconectan directamente o deporte co benestar das persoas. O proxecto contribúe a reforzar a visión de Ares como concello saudable, facendo […]
Séptimo Premio Nacional María Moliner para a Biblioteca Municipal de Ares!

O equipo bibliotecario da localidade vén de ser condecorado esta semana con este galardón que premia a proxectos de animación á lectura e dinamización cultural en toda España. Un recoñecemento que se suma aos que xa obtivo no 2016, 2017, 2020, 2021, 2022 e 2023. A boa nova tradúcese nunha dote económica de preto de […]