Listado definitivo de aspirantes no proceso selectivo para a selección do Alumnado –Traballador do Obradoiro Dual de Emprego “Reinicia X” do Concello de Mugardos, Concello de Ares, Concello de Fene

ANUNCIO CONCELLO DE MUGARDOS ASUNTO: PROCESO SELECTIVO PARA A CONTRATACION LABORAL TEMPORAL DO ALUMNADO –TRABALLADOR DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO REINICIA X DO CONCELLO DE MUGARDOS. LISTAXE DEFINITIVA  DE  ASPIRANTES   SELECCIONADOS/AS  POR CONCELLOS Por Decreto de alcaldía 2023-1215 de 29/11/2023, aprobouse: Primeiro.- Resultado da baremación de méritos dos/as candidatos/as admitidos/as no proceso selectivo de alumnado […]

“Ilumina os Teus Desexos” Dá inicio ao Nadal en Ares

A Concellaría de Cultura de Ares anuncia a tradicional celebración de “Ilumina os teus Desexos”, o martes 5 de decembro ás 17:30 horas no Parque Rosalía. Esta actividade, que gañou popularidade ano tras ano, convida ás familias a reunirse xunto á árbore preto da ponte da Ciscada para colgar os seus mellores desexos para o […]

A tempada navideña contará este sábado coa apertura do Belén de O Tilo, unha iniciativa da asociación cultural aresán que recrea un Belén hebreo, consolidado como referente tanto en Ares como en toda a comarca.

A inauguración está programada para este sábado 2 de decembro ás 20:00 horas, coa participación do alcalde e concelleiros, quenes se unirán aos voluntarios de O Tilo, os artífices de dar vida a este proxecto no municipio. Situado na sede da entidade, na rúa María 182, o Belén de O Tilo exhibirá ao redor de […]

Lembramos que a Xunta local da Asociación Española contra o Cancro en Ares organiza un faladoiro sobre a doenza do cancro de mama

Luis Felipe Sánchez Cousido, facultativo especialista en oncoloxía médica no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF), xunto a Lucía Barcia Umbón, psicóloga na Asociación Española Contra o Cancro, afondarán nesta tipoloxía de cancro e o seu impacto, baixo a título “Falando de cancro de mama. Afrontando o diagnóstico”. A charla será mañá xoves 30 de […]

O Mosteiro de Santa Catalina conta cunha nova Iluminación Ornamental

O Concello de Ares anunciou a finalización das obras de dotación dunha nova iluminación ornamental no Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro. O investimento total para este proxecto, que ascende a 47.805,96 euros, foi financiado conxuntamente pola Axencia de Turismo de Galicia, que achegou 30.000 euros, e as arcas municipais. Olimpia Marcos, concelleira de Urbanismo, […]

O Campus Chiquibásquet de Nadal prepárase para a súa oitava edición en Ares, co obxectivo de achegar o baloncesto aos rapaces e rapazas interesadas en iniciarse nesta disciplina.

O VIII Chiquibásquet Nadal, dirixido por Chiqui Barros e coa colaboración do Concello de Ares, levarase a cabo o 27, 28 e 29 de decembro no pavillón polideportivo aresano, en horario de 10:00 a 13:00 horas. Hai un total de 20 prazas dispoñibles, e as inscricións xa están abertas cunha tarifa de 50 euros por […]

BANDO: co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica, van proceder a deixar fóra de servizo unha serie de instalacións o 29 de novembro

JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER: A empresa ufd grupo Naturgy vén de remitir unha comunicación ao Concello, informando que o día próximo día 29 de novembro, de 4:00 a 6:00 horas, co fin de efectuar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica, van […]

Esta semana, no CPI As Mirandas as nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria recibiron unha sesión do taller “Control Off”, profundando nas novas masculinidades e a prevención da violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado.

A través da proxección de vídeos e o debate, exploraron os elementos fundamentais dunha sociedade máis igualitaria. A sesión estivo a cargo de Rubén Villar Trenco, psicólogo graduado pola USC e Axente de Igualdade de Oportunidades para a Muller. Doutra banda, os estudantes de 4º da ESO tamén participaron nun encontro sobre agresións sexuais e […]

Ares contra a Violencia de Xénero

O Concello de Ares únese nestes días ás reivindicacións do sábado, 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller; unha xornada que demanda o fin de toda forma de violencia machista e que busca unha sociedade máis xusta, fundamentada na igualdade de xénero. Así mesmo, durante estas noites, o consistorio exhibirá […]