Unha mirada literaria sobre os coidados no século XXI

Comparte esta nota de prensa

Raquel Villanueva achegouse até o salón de actos da Alianza Aresana o venres pasado para presentar a súa novela ’21. Solamente’, publicada no selo editorial Loto Azul. A autora, acompañada polo xornalista e escritor Pablo J. Rañales, abordou as temáticas dunha obra que aborda a soidade non desexada das persoas maiores e os coidados na terceira idade.

Introducíndose nun debate de enorme relevancia na sociedade actual, Villanueva bebeu da súa experiencia en xeriátricos para artellar un relato centrado en Celia, unha muller en cadeira de rodas que vive o seu día a día nunha residencia e reflexiona sobre a súa despersonalización, a súa existencia e todo o vivido até ese instante.

O acto, organizado pola Concellaría de Cultura, permitiu coñecer as entrañas da novela, de enorme sensibilidade na temática que trata, e que as persoas asistentes levaran para a casa un exemplar asinado da obra de Villanueva.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.