‘Material sensible’, un libro para convidar ás persoas con alta sensibilidade a impulsarse de xeito creativo

Concha Tejada Lacaci, autora e ilustradora, presentou este venres pasado na Alianza Aresana a súa obra Material Sensible: 13 historias de vida y 40 razones para abrazar tu sensibilidad’, acompañada da concelleira de Cultura, Alma Barrón. A través de casos específicos de persoas altamente sensibles (PAS), Tejada deu consellos, referentes e prácticas para aproveitar esta […]
Pel de Cordeiro: o terror gótico de Ledicia Costas afonda na sororidade entre séculos e violencias

A recoñecida autora viguesa Ledicia Costas, unha das voces máis relevantes da narrativa galega contemporánea, presentou este mesmo sábado a súa última novela para adultos, Pel de Cordeiro (Xerais, 2024), no marco da Festa de Catalina 2024 que se celebrou no Mosteiro. O evento literario programado pola Concellaría de Cultura permitiu afondar nunha obra que […]
25N: Ares contra a violencia de xénero

O Concello de Ares súmase nestes días ás reivindicacións do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A celebración demanda un ano máis o fin de toda violencia machista, procurando unha sociedade máis xusta e que teña a igualdade entre homes e mulleres como un dos seus piares fundamentais. Xunto […]
O Concello de Ares e a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes supervisan as obras na área infantil do Parque Rosalía

O alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias Redondo, acompañado da concelleira de Urbanismo, Olimpia Marcos, e o edil de Obras, José Juan Vilar, recepcionou esta mesma mañá a Diego Calvo Pouso, conselleiro de Xustiza, Presidencia e Deportes, e a Martina Aneiros, delegada territorial da Xunta en Ferrol, para achegarse até as instalacións infantís do Parque […]
Súmate ao 25N en Ares

Se queres participar do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres que se celebra este vindeiro 25 de novembro, lembra que en Ares tes a oportunidade de asistir totalmente de balde á ampla xornada divulgativa que promove a Concellaría de Igualdade ese mesmo día. ‘Violencia de xénero: perfil profesional, habilidades de intervención e […]
A Concellaría de Medioambiente continúa coa formación en compostaxe á veciñanza

O Concello avanza nas últimas fases da súa campaña informativa relacionada coa posta en marcha das dúas novas illas de compostaxe sitas nas contornas de Mariña do Pombal e Granxares, ao carón da Galiña Azul da vila. Ao termo da semana pasada promoveuse unha charla informativa aberta á veciñanza no salón de actos da Alianza […]
Abre o prazo de preinscricións para a Campaña da Neve 2025 da Deputación da Coruña

Os mozos e mozas poderán tramitar a súa solicitude de reserva de praza ata o 2 de decembro presencialmente na OMIX de Ares ou vía telemática, cubrindo un impreso e remitíndoo a deportes@concellodeares.com. A actividade de esquí desenvolverase, no caso da quenda de Ares, durante as xornadas do 24 ao 27 de xaneiro en Valgrande-Pajares, […]
Ares celebra a Festa de Santa Catalina cun toque literario: Ledicia Costas presentará ‘Pel de Cordeiro’ o vindeiro sábado na vila

Xunto á tradicional programación lúdico-gastronómica que se propón ano tras ano por parte do tecido asociativo aresán, o Concello incorpora este acto cultural o 23 de novembro a partir das 18:00 horas no propio Mosteiro de Santa Catalina. A autora viguesa, unha das grandes voces narrativas da literatura galega contemporánea, estará acompañada por Rogelio Pérez […]
A Alianza Aresana acolle esta semana a presentación de ‘Material sensible’, de Concha Tejada

O vindeiro venres, 22 de novembro, a partir das 19:30 h., a autora debullará o contido desta obra centrada nas circunstancias das persoas altamente sensibles (PAS) e o seu papel no mundo de hoxe. Afondará en historias de PAS que xeraron un impacto positivo no mundo, axudando a xestionar a alta sensibilidade de xeito sostible. […]
O SendAres completa a súa segunda ruta deste ano

Mar e area conxugáronse co verde costeiro no roteiro que promoveu a Concellaría de Deportes durante a xornada de onte. Un itinerario de 17 quilómetros inscrito dentro do programa municipal de sendeirismo, SendAres 2024-2025, que percorreu a Costa Ártabra dende a ermida de Santa Comba ata acadar o Faro de Punta Frouxeira. Despregouse unha paisaxe […]
Conclúe o XVI Open Dominó de Ares cunha das súas participacións máis numerosas

Preto de 140 xogadores achegáronse o sábado, 16 de novembro, ás instalacións do Casino Aresano para sumarse ao XVI Open de Dominó Concello de Ares, un certame organizado pola Asociación Recreativa Xabre e a Federación Galega de Dominó, coa colaboración do Concello na súa xestión loxística e coordinación. Un ano máis, xogadores das catro provincias […]
O Concello e a Delegación Territorial da Xunta en Ferrol supervisan as melloras na iluminación ornamental do Mosteiro de Santa Catalina

A concelleira de Urbanismo de Ares, Olimpia Marcos, e a delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol, Martina Aneiros, visitaron o venres pasado este inmoble aresán de considerable valor patrimonial, de cara a inspeccionar o resultado das dúas intervencións que se realizaron na súa iluminación ornamental nocturna. A través do proxecto de mellora lumínica, […]