Proceso Selectivo Para A Selección Para A Selección Do Persoal Docente Da Especialidade SSCS0208 Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais do Proxecto de Obradoiro Dual de Emprego “Reinicia X” promovido polos Concellos de Mugardos, Ares e Fene

ANUNCIO PROCESO SELECTIVO PARA A SELECCIÓN DO PERSOAL DOCENTE DA ESPECIALIDADE SSCS0208 ATENCIÓN SOCIOSANITARIA A PERSOAS DEPENDENTES EN INSTITUCIÓNS SOCIAIS DO PROXECTO DO OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO “REINICIA X” DO CONCELLO DE MUGARDOS (SEGUNDA CONVOCATORIA) O Tribunal que xulga o proceso selectivo de docente da especialidade SSCS02008 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, […]

Sofía Puente, terapeuta ocupacional e responsable da Área Sanitaria de Ferrol da Rede Galega de Promoción de Saúde (REGAPS), achegouse onte ó salón de actos da Alianza Aresana para reflexionar da man da veciñanza sobre as circunstancias que rodean unha xubilación de calidade.

Cando un se xubila, como procurar un propósito? Como afrontar un envellecemento saudable ou mesmo xestionar o impacto dun cambio de rol coma o que se produce na xubilación? Foron algunhas das preguntas sobre as que se estruturou a charla, unha actividade que se inscribe no marco da Academia AresXSalud, a iniciativa do Concello composta […]

O concello de Ares executa a actuación “INSTALACIÓN FOTOVOLTACA NO DEPÓSITO DE OS CASTROS” financiada polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega)

O concello de Ares executa a actuación “INSTALACIÓN FOTOVOLTAIA NO DEPÓSITO DE OS CASTROS” financiada polo Instituto Enerxético de Galicia (Inega) a través do PROCEDEMENTO: Programa de incentivos 4-5 vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector, con código IN422K. O importe de actuación ascende a 27.448,40 […]

O Concello de Ares e o Club de Prensa de Ferrol inauguran a 32ª Edición de Galicia en Foco, unha mostra do mellor fotoxornalismo galego

Mañá, ás 18:00 horas na Casa da Xuventude, producirase a inauguración oficial da exposición coa presenza de Alma Barrón, concelleira de Cultura, e Xulia Díaz, presidenta do Club de Prensa ferrolán. Dende o próximo luns, 19, até o 29 de febreiro, a veciñanza poderá gozar desta recompilación de grandes momentos sociais, políticos e culturais capturados […]

E mañá temos Entroido en Ares!!

Inchables, área de xogos, minikarts, obradoiros de maquillaxe e antifaces, chocolate e orellas… todo iso e máis para pasalo ben xuntos, no marco da programación da Concellaría de Cultura. As actividades desenvólvense na Praza da Constitución de 17:00 h. en adiante.  Xa sabes: non quedes sen sumarte á xa tradicional queima do entroido!

O venres pasado, o salón de actos da Alianza Aresana encheuse para ollar de maneira distinta a dor e a enfermidade!

Camilo Prieto Rivas, licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, graduado en Fisioterapia e con múltiples especializacións en readaptacións funcionais deportivas, impartiu a charla “Maiores e Dor” e afondou nunha máxima fundamental: “A dor é necesaria, pero o sufrimento é opcional”. A ponencia enmárcase dentro da Academia AresXSalud, unha iniciativa para achegar coñecemento […]

Arrancan os traballos de mellora de servizos e pavimentos nun tramo da rúa Os Anxos

Centraranse na renovación da rede de saneamento, pluviais e de abastecemento, amais de materializar obras civís no alumeado, electricidade e telecomunicacións. A intervención supón un investimento próximo aos 100.000 euros, asumidos entre o Concello e o POS+2022 da Deputación da Coruña. A Concellaría de Urbanismo informou hoxe mesmo do inicio das obras nun tramo da […]