Lara Pita acada o podio en terras lusas no eido do ciclismo

Comparte esta nota de prensa

Trasladamos a nosa felicitación á veciña aresá Lara Pita Pena polo seu bo facer no circuíto portugués de Marmeleira – Mortágua, onde logrou o primeiro posto na proba de BTT Women Junior cun tempo de 1:07:25.

O evento, inscrito na XCO Super Cup de ciclismo, realizouse a comezos deste mes de maio e permitiu a Lara Pita (Planet MTB) levarse o triunfo neste certame de clase 2 do calendario internacional.

Outra mostra máis de traballo, adicación e esforzo por mellorar. Parabéns, Lara, e a continuar así!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Unha xornada de pesca e tradición en Chanteiro

Compartimos algunhas imaxes do XXXIII Concurso de Pesca Deportiva, organizado polo Centro Cultural Outeiro de Chanteiro en homenaxe a Lolo do Outeiro e Andrés Pedre.