O Concello de Ares e Hércules de Ediciones presentan a cuarta edición do Premio de Novela Curta Alén

As bases do concurso xa están dispoñibles para todo aquel interesado en participar neste certame centrado na temática da migración, que deberá estar presente nos manuscritos presentados, aínda que non é preciso que sexa o tema central da novela. O gañador/a recibirá un galardón por valor de 2.000 euros e a publicación da obra dentro […]
A relevancia do autocoidado, eixo temático das II Xornadas para Persoas Altamente Sensibles (PAS) en Ares

Durante esta fin de semana, a Alianza Aresana exerceu de epicentro das II Xornadas de Autocoidado para PAS dirixidas por Concha Tejada, en colaboración co Concello; unha iniciativa centrada en ofrecer un espazo seguro onde as persoas altamente sensibles puidesen aprender a priorizarse que tamén contou coa intervención da edila de Cultura, Alma Barrón. Ares […]
En Ares o cancro de mama tomámolo a peito

Malia que as condicións metereolóxicas non foron favorables, a veciñanza conmemorou na entrada do consistorio o Día Mundial contra o cancro de mama que se celebra cada 19 de outubro nun acto organizado pola Xunta Local da AEC en Ares coa colaboración do Concello. Veciños e veciñas achegáronse ataviados con prendas rosas para asistir á […]
A lembranza de Lucas Seijo Fernández, moi presente na vila de Ares

#SempreLucas: ese é o lema que sintetiza a celebración este sábado pasado no pavillón polideportivo municipal de ‘Xuntos en Ares, lembrando a Lucas’, unha xornada organizada polo Club Alquimia e o Concello para recordar co deporte que amaba a Lucas Seijo Fernández, o veciño falecido traxicamente en setembro de 2024. Os seus compañeiros e compañeiras de patinaxe brindáronlle un […]
Ares conmemora o Día Mundial contra o Cancro de Mama

Xunto coa cadea humana que se celebrará este 19 de outubro ás 13:00 h. no paseo marítimo, o Concello vén de iluminar a fachada do consistorio para conmemorar o Día Mundial contra o Cancro de Mama, unha data para visibilizar esta doenza oncolóxica –o tumor máis diagnosticado no mundo—, concienciar á sociedade e reivindicar máis […]
Luz, cámara e acción! Ares acolle unha nova gravación audiovisual para Prime Video

A trasfega era constante no principio desta mañá na rampla grande de Ares: materiais de son e iluminación, carpa, cámaras, pértigas… a produtora VacaFilms, que xa estivera no municipio aresán responsabilizándose da gravación da serie Clanes, feita para Netflix, regresou hoxe co seu equipo para dirixir o proceso de gravación dun novo produto audiovisual. Con […]
Cadea humana en Ares contra o cancro de mama

O 19 de outubro ás 13.00 h., o paseo marítimo do noso municipio encherase de solidariedade! Garda un oco na axenda e achégate ata alí para contribuír a esta causa. A Xunta Local da Asociación Española Contra o Cancro en Ares organiza a Cadea Humana “O cancro de mama, tomámolo a peito”, unha acción simbólica […]
Xa podes informarte sobre a Comunidade Enerxética de Ares no consistorio

Se estás interesado en afondar no que é a Comunidade Enerxética de Ares, as súas vantaxes e compromisos, podes achegarte até a casa consistorial e solicitar os seus Estatutos no Rexistro Municipal ou mesmo o modelo de adhesión para sumarte a ela. A Comunidade Enerxética Local aresá baséase nunha nova forma de organización onde persoas […]
Ares consegue a súa segunda Bandeira Verde de Galicia

A Xunta outorgou onte á vila este selo que distingue o esforzo local pola paisaxe, a procura da eficiencia enerxética, a educación ambiental e a xestión responsable dos recursos. A concelleira de Medioambiente, Lucía Blanco, recolleu de mans do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a bandeira verde, símbolo do compromiso ecolóxico do concello aresán e […]
Corte de auga con data 15.10.2025

O Servizo Municipal de Augas do Concello informa a todos os usuarios que, para levar a cabo unha reparación na rede xeral de abastecemento de auga potable, quedará cortada a subministración nas seguintes rúas: 📍 Crta. Ares – Chanteiro desde Ares ata Os Galgos; A Gaspalleira; Maiobre; San Roque; Lubre; Estrada das Mirandas; Rúa da […]
‘Onde nace a lingua’: unha narración oral para pasalo ben cos sons e fonemas en galego

As risas e as palabras resoaron onte na Alianza Aresana co último espectáculo que acolleron as súas instalacións, ‘Onde nace a lingua’, de Marta Ortiz, un xeito de aprender e traballar cos fonemas e musicalidade propia da lingua galega. A actividade fixo que nenos e nenas xogasen co son e coa palabra a través de […]
O Open Dominó Concello de Ares conclúe a súa XVIII edición

O pasado sábado, o Casino Aresano acolleu o XVIII Open de Dominó do Concello de Ares promovido polo Club Xabre e a Federación Galega de Dominó, coa colaboración do Concello, reunindo nas súas instalacións a participantes de toda Galicia en horario de mañá e de tarde. O evento saldouse con éxito dende a organización e […]