A 2ª Exposición Multidisciplinar de Fotografía recala en Ares dende mañá, venres, até finais de maio

O Concello de Ares e a Asociación de Fotografía de Ferrolterra promoven conxuntamente no andar superior da Casa da Xuventude unha nova mostra fotográfica dende mañá, 26 de abril ás 18:00 horas, coa súa inauguración oficial. A exposición, composta por máis de medio centenar de instantáneas dos membros da Asociación, aglutina diferentes tipoloxías de prácticas […]
O tecido empresarial de Ares afonda na mellora do seu posicionamento dixital

A concelleira de Comercio, Lucía Blanco, achegouse onte á Casa da Xuventude para inaugurar os módulos formativos destinados a pequenas empresas da localidade inscritos dentro de Rural TIC Ares, o programa de obradoiros totalmente de balde que promove o Concello xunto co Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana centrados na divulgación tecnolóxica e o […]
Concello e CPI As Mirandas entregan os premios do IV Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos Escolares

Aproveitando a efeméride do Día do Libro 2024, o salón de actos da Alianza Aresana acolleu na tarde de onte a entrega de galardóns do Concurso de Escritura Creativa de Microrrelatos Escolares, un certame literario que xa vai pola cuarta edición e que expón os vencellos entre a comunidade educativa de Ares, a mocidade do […]
O programa Rural TIC debulla os riscos da Internet no CPI As Mirandas

Entre o venres pasado e este luns, 22 de abril, o alumnado de 1º e 2º da ESO do centro educativo CPI As Mirandas recibiu varias charlas impartidas polo equipo docente de Rural TIC Ares, o programa de divulgación de tecnoloxía que se está a desenvolver até o 26 deste mesmo mes na vila. En […]
Punto limpo móbil instalado en Chanteiro

O punto limpo móbil do Concello vén de ser instalado na contorna de Chanteiro! Xa podes achegarte alí a deixar os teus residuos domésticos especiais: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.
Ares contará con obradoiros, doces e literatura pola Semana do Libro 2024

Mañá, martes, 23 de abril, a propia efeméride do Día do Libro, a Biblioteca Municipal aresá entregará doces aos usuarios que se acheguen, mais tamén haberá un obradoiro para nenos/as de 4 a 6 anos e o fallo do IV Concurso de Microrrelatos. O xoves, 25 de abril, realizarase un segundo obradoiro para crianzas de […]
Renovación do DNI na Biblioteca Municipal de Ares

Este venres, 26 de abril poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares! Se estás interesado en facelo, aínda estás a tempo de concertar a túa cita acudindo presencialmente ás instalacións da Alianza Aresana ou a través do teléfono 981 448 057 no horario de apertura da biblioteca. Lembra […]
O Concello conclúe a penúltima ruta do SendAres

A beleza de Mondoñedo foi a protagonista do percorrido que realizaron onte os participantes na ruta do SendAres 2023-2024, o programa municipal de sendeirismo da Concellaría de Deportes. A paisaxe verde e os camiños para adentrarse no val do Río Valiñadares acompañaron aos 25 sendeiristas na súa exploración do patrimonio natural galego e dun lugar […]
A Alianza Aresana acolleu a presentación de Cinza, a novela gráfica de Manel Cráneo que adapta a obra de Xavier Alcalá

O ilustrador Manel Cráneo e o escritor Xavier Alcalá achegáronse a Ares o venres pasado para debullar como foi o proceso de traballo detrás de Cinza (Demo Editorial, 2023), o cómic recentemente publicado que adapta ‘A nosa cinza’, a coñecida novela de Alcala xa considerada coma un dos best-sellers da literatura galega con máis de […]
Puntuación e proposta de contratación Para A Contratación En Rexime Laboral Temporal De Catro Peons (Plan Integrador De Obras E Servizos Minimos Municipais Da Excma Deputacion Provincial)
Sendo as 9,15 horas do día 17 de abril do ano 2024,reúnese nas Alianzas Aresanas (Salón de Actos) o Tribunal Calificador do proceso selectivo para a contratación en rexime laboral temporal de catro peóns (Plan Integrador de Obras e Serv ici os Mínimos Municipais, nomeado por Resolución da Alcaldía baixo número 0340 e 0346 ,bai xo […]
Puntuación e proposta de contratación para a contratación en rexime laboral temporal de Dous Subalternos (Plan Integrador de Obras e Servizos minimos municipais da Excma Deputacion Provincial)
Sendo as 11,30 horas do día 17 de abril do ano 2024, reúnese nas Alianzas Aresanas ( Salón de Actos) o Tribunal Calificador do proceso selectivo para a contratación en rexime laboral temporal de dous subalternos ( Plan Integrador de Obras e Servicios Mínimos Municipais), nomeado por Resolución da Alcaldía baixo número 0345, baixo a […]
Ares inaugura un reloxo solar no CPI As Mirandas

A fachada do Centro Público Integrado (CPI) As Mirandas loce xa cun novo reloxo de sol, inaugurado onte por todos os axentes que se involucraron nesta iniciativa e que pousaron baixo o lema inscrito na pedra do propio reloxo: ‘Sol lucet omnibus’, o sol loce para todos. O alumnado implicado no proxecto, acompañado da dirección […]