Ares en marcha contra o cancro: unha andaina solidaria que demostra unha vez máis o compromiso da vila

Comparte esta nota de prensa

O noso municipio celebrou onte unha nova andaina contra o cancro, unha iniciativa impulsada pola agrupación local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) que conseguiu mobilizar a veciñanza para que amosase o seu apoio colectivo a  afectados polo cancro, familiares e persoas achegadas.

Os participantes percorreron preto de 6 quilómetros polo paseo marítimo, Poellas ou as praias de Centeás e a Barrosa. Un traxecto para combinar actividade física na natureza cunha mensaxe a prol da loita contra o cancro, sabendo todo o que se percorreu, mais tamén reivindicando todo o que falta na procura de máis recursos de investigación desta doenza.

Unha vila sempre tinguida de verde!

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.