Rota Sendeirismo “Descobre Ares Verde”, Domingo 27 de Xuño

Rota Sendeirismo “Descobre Ares Verde”, Domingo 27 de Xuño Na xornada de onte levouse a cabo unha nova rota de sendeirismo guiada, correspondente cunha adaptación dos roteiros municipais sinalizados 1 e 2, partindo de Ares para achegarse ata Punta Coitelada, por sendeiros de dificultade media ao longo da costa, cun percorrido duns 15 km. O […]
Celebración no Parque Rosalía do acto en recoñecemento ás persoas que confeccionaron as máscaras para a veciñanza.

O acto estivo presidido polo alcalde, Julio Iglesias, e foi presentado pola concelleira de Cultura, Alma Barrón, contando coa presenza dos concelleiros do grupo de goberno e os representantes de todos os grupos políticos da corporación. O acto contou co acompañamento musical ao piano de Laura Morgade. Alma Barrón deu o inicio lembrando o xesto […]
O alumnado do Obradoiro xuvenil Inicia V remata a instalación da varanda de seguridade no graderío inferior de Prados Vellos

Parabéns ao alumnado polo traballo realizado 👏 O alumnado do Obradoiro de emprego de garantía xuvenil Inicia V rematou a semana pasada a instalación da varanda frontal, para a protección contra caídas, do graderío inferior do Campo de Fútbol Municipal de Prados Vellos. Ademais o xoves día 17, os 16 alumnos/as da especialidade de Fabricación […]
Luz morada no Concello polo Día da Síndrome de Dravet

Hoxe, 23 de xuño, conmemórase o Día Mundial da Síndrome de Dravet. Apoiando unha petición formulada pola Fundación Síndrome de Dravet, a fachada do Concello iluminarase esta noite de morado. A síndrome de Dravet é unha forma rara de epilepsia, intratable e que comeza no primeiro ano de vida, cunha incidencia estimada de 1 cada […]
Ares simboliza a súa condición de “Porto Xacobeo” coa instalación dun fito

15 xuño 2021 14:00 O Porto de Ares xa conta coa súa identificación como “Porto Xacobeo” coa colocación dun fito na explanada da área dedicada á náutica dentro do recinto portuario. Os indicadores foron instalados por iniciativa da Xunta de Galicia, a través de Portos de Galicia, no marco das accións vinculadas ao Xacobeo 21-22, […]
O Concello informa das normas que Regularán o estacionamento de vehículos no Verán

16 xuño 2021 12:00 As novas novas, que comezarán a aplicarse a partir do 1 de xullo e se prolongarán ata o 31 de agosto, supoñen aliviar as medidas recollidas na ordenanza do ano pasado, pola evolución positiva da situación sanitaria, co que se ampliarán as zonas de estacionamento libre Coas normas trátase de establecer […]
ALFOMBRAS FLORAIS DE ARES: CONCURSO DE DECORACIÓN FLORAL

CORPUS CHRISTI O 6 DE XUÑO DE 2021 Engalana a fiestra, balcón, porta da túa casa ou negocio DATAS: 5 e 6 de xuño (ata as 22:00h) LUGAR: Toda a vila MODO DE PARTICIPACIÓN: Envíanos unha fotografía da túa decoración floral, visible desde o exterior, xunto coa súa ubicación e os teus datos persoais a: […]
CAMPUS DE VERÁN DE FÚTBOL FUNDACIÓN CELTA BY CABREIROÁ 2021

Localidad: Ares (A Coruña) Do 19 ao 23 de xuño 2021 Lugar: Campo Prados Vellos Edades: Para nenos/as entre 4 e 16 anos Observaciones: Inclúe equipamento Adidas Más información: Info: https://rccelta.es/fundacion/actualidad/en-marcha-los-campus-de-veran-fundacion-celta-by-cabreiroa-2021/ Inscrición: https://shop.rccelta.es/es/campus-ares.html
O Concello presenta o XIV Concurso de Pintura Manuel Rebón

O alcalde e a concelleira de Cultura, xunto coa viúva deste destacado veciño aresán, un dos pilares do CIRS, e a presidenta da entidade, presentaron esta mañá o décimo cuarto certame Trátase dunha iniciativa cultural que esperta cada ano unha gran expectación pola calidade artística dos traballos, procedentes tanto do ámbito local como de toda […]
O Concello de Ares presenta o Campus de Verán de Fútbol Fundación Celta by Cabreiroá 2021

A iniciativa desenvolverase durante cinco días no mes de xullo, en horario matinal, e está pensada para nenos e nenas entre os 4 e os 16 anos de idade Un ano máis o Concello de Ares, a través da súa Concellaría de Deportes, presentou o Campus de Fútbol de Verán que a Fundación Celta de […]
O Concello e a Asociación Galega de Apicultura piden aos veciños que poñan trampas para evitar niños de Velutinas

A velutina é unha especie invasora perigosa para o medioambiente e que conleva un risco importante para as persoas. Neste momento comezan a saír do seu letargo invernal, polo que resulta necesario trampear en gran escala. O risco que xera a ‘vespa velutina negritorax’ é moi superior ao das autóctonas. Non fai falta achegarse ao […]
Convocatoria por URXENTE NECESIDADE 1 (Unha) Praza en Comisión de Servizos de Policía Local no Concello de Ares
09 Marzo 2021 14:30 A Xefatura de Policía Local do Concello de Ares, convoca por Urxente Necesidade 1 (Unha) Praza en Comisión de Servizos de Policía Local – Grupo C, Subgrupo C1, Clasificación “Administración Especial”, segundo o Artigo 6 Apartado 3 Da Lei 4/2007 de Coordinación de Policías Locais de Galicia. Os interesados deben poñerse […]