Chegaron as cores ó ConciliAres!

Coa ollada posta no fin de verán, os pequenos que integran o servizo de conciliación familiar e laboral do Concello desfrutaron dunha “festa Holi”, unha actividade baseada en po de cores e que debe o seu nome ao Festival da Primavera ou Holi da India. O Festival indio é xa unha das celebracións máis importantes […]
A semana pasada, Juan Prados afondou no salón de actos da Alianza Aresana sobre Carlos Cano, o cantante granadino responsable da renovación da copla e un dos referentes musicais na construción de vínculos entre a cultura española e a latinoamericana.

O acto incluíu música, baile e unha contextualización xeral da súa figura. Estas son algunhas das imaxes que nos deixou o evento cultural!
Este xoves, 1 de setembro, o Mosteiro de Santa Catalina acollerá un relatorio sobre dereito foral galego coa ponencia de Julio Ignacio Iglesias Redondo, alcalde de Ares e profesor titular de Dereito Civil na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Realizarase ás 20:00 horas e contará coa colaboración da Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina
Últimos días para achegarte ás 4 exposicións dispoñibles en Ares!

Durante estas semanas, a nosa localidade foi acollendo múltiples mostras que varían en temáticas e formatos. Escultura, fotografía, paneis didácticos… 4 exposicións actualmente activas, mais que rematarán este mércores, 31 de agosto! Consulta os seus horarios de visita: “INVENTIO MUNDI: GALICIA NAS VIAXES TRANSOCÉANICAS NOS SÉCULOS XV-XVII”, na Agrupación Instrutiva de Caamouco, de luns a […]
Poñemos rumbo ó final de agosto cun obradoiro de construción de reloxos de sol e un relatorio sobre Dereito Foral de Galicia no Mosteiro de Santa Catalina.

A fin de semana arrancará con chocolatada e concerto e seguirá coa I Batalla de Galos Freestlye! Aquí abaixo podes atopar máis información sobre todos estes eventos.
O alcalde de Ares, Julio Iglesias Redondo, e a concelleira de Igualdade e Benestar, Victoria Montenegro, acudiron o venres pasado ao acto de despedida das cinco nenas e nenos saharahuís acollidos na contorna comarcal nestes últimos dous meses.

Xunto aos representantes aresáns, estiveron tamén cargos de Fene, San Sadurniño, Miño e Mugardos, todos eles concellos involucrados coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharahuí (SOGAPS), amais das familias acolledoras. O acollemento materializouse baixo o marco do programa “Vacacións en Paz”, que regresou no 2022 tras o parón de dous anos por mor da pandemia […]
Despois desta fin de semana, o único que queda pendente é dar as grazas aos nosos remeiros por todo o que nos fixeron vivir coma vila nestes últimos anos!!

Todo o pobo remou e remará sempre con vós, co Club de Remo de Ares e coa Santa Olalla. Os corazóns azuis perduran no tempo!! #AúpaAres #SonTradición #SonCanteira #SonEterno #CorazónsAzuis
As Sereas das Mirandas e as Leoas do Guadalquivir: un irmanamento que vai máis aló do remo

Os dous equipos centrados na rehabilitación do cancro de mama encontráronse hoxe en Ares para realizar unha sesión conxunta de entrenamento e entrar en contacto coa ría. Ángela Claverol, Leoa do Guadalquivir, sobre o proxecto de remo adaptado: “Despois de tantas operacións, a vida párase. Pero a vida tamén da oportunidades aínda cando pensas que […]
Dispositivo de tráfico para a XV Bandeira Concello de Ares

O Concello vén de informar das medidas de tráfico que se tomarán durante a xornada de mañá, sábado 27 de agosto, por mor da celebración da XV Bandeira Concello de Ares. A circulación permanecerá cortada a vehículos desde as 15:00 ata as 20:00 horas, excepto aqueles que teñan autorización (emprego de pantalán, traballadores do eido […]
Ares acolle a exposición itinerante diante do consistorio, sobre os oficios do mar e a actividade litoral

A identidade de Ares constrúese a partir do seu litoral, da súa costa e das lendas que se espallan por ela, mais tamén está nos oficios mariñeiros que aínda perduran no municipio, coma é o caso dos redeiros e redeiras. Estas son algunhas das sínteses que poderás atopar na exposición itinerante habilitada diante do consistorio, […]
2º Exercicio fase oposición para a creación listaxe de reserva para a cobertura das eventuais vacantes, vacacións, que se poidan dar no posto de Oficial de 1ª Maquinaria para o Servizo de Auga
ACTA nº2 PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE RESERVA PARA A COBERTURA DAS EVENTUAlS VACANTES, VACACIÓNS, REFORZO EXTRAORDINARIO DO SERVICIO OU AUSENCIAS QUE SE POIDAN DAR NO POSTO DE OFICIAL DE 1 MAQUINARIA PARA O SERVIZO DE AUGAS INTERINO OU PERSOAL LABORAL TEMPORAL Reunidos no salón de actos do Concello de Ares, senda […]
Ao longo deste mes de agosto abriuse o prazo de presentación de solicitudes para subvencións destinadas á adquisición de vivenda do Plan Estatal.

Supón unha liña de apoio económico dirixida a mozos e mozas de ata 35 anos que adquiran ou adquirisen a súa vivenda en concellos cunha poboación igual ou inferior ós 10.000 habitantes, coma acontece no caso de Ares. Entre outros requisitos, a vivenda non pode superar os 120.000 euros. A solicitude pode realizarse telematicamente, mais […]