Dispositivo de tráfico para a XV Bandeira Concello de Ares

Comparte esta nota de prensa

O Concello vén de informar das medidas de tráfico que se tomarán durante a xornada de mañá, sábado 27 de agosto, por mor da celebración da XV Bandeira Concello de Ares.

A circulación permanecerá cortada a vehículos desde as 15:00 ata as 20:00 horas, excepto aqueles que teñan autorización (emprego de pantalán, traballadores do eido náutico…). Ademais, prohibirase o estacionamento en toda a zona azul da Avenida Teniente Coronel Gabeiras dende as 8:00 horas. Non haberá restricións para peatóns, que poderán acceder a calquera hora.

Dende a Policía Local de Ares anuncian que tamén se realizarán cambios de dirección na rúa Alfolí, de cara a axilizar o tráfico no día do evento.

 

Pódeche interesar