O M. Presas continúa coas súas rutas marítimas ata o 15 de outubro!

Durante as fins de semana, cun prezo de 8 euros para menores e 15 euros para os adultos, podes achegarte á cultura mariñeira de Ares ou descubrir a beleza da súa paisaxe costeira a través dos percorridos pola ría. Unha oportunidade incluso para afondar na mitoloxía local, navegando moi preto das increíbles Illas das Mirandas. […]
Esta semana conclúen as visitas guiadas ao alboio de Redes e ó Mosteiro de Santa Catalina!

Xusto hoxe as técnicas de turismo de Ares realizaron o último percorrido nas instalacións do alboio, coma veñen facendo ao longo dos meses de xullo e agosto, para divulgar o patrimonio mariñeiro do municipio. Porén, aínda estás a tempo de sumarte á ruta guiada e totalmente gratuíta polo Mosteiro de Santa Catalina que levarán a […]
Onte quedou oficialmente inaugurada a exposición “Nós somos elas” que se atopa ata o 25 de setembro no salón de actos e na entrada da Alianza Aresana.

Victoria Montenegro, concelleira de Igualdade e Benestar, e o director e a abogada do Centro de Información á Muller (CIM) de Ares acudiron ás instalacións municipais para presentar esta mostra composta de 24 fotografías do Arquivo Vidal, cada unha acompañada ademais cun texto dunha creadora contemporánea. O século XX ponse así en relación co século […]
Dous cadros da exposición “Paisaxes de Ares e Caamouco” veñen de ser doados polo pintor Luis da Silva Santiago, o Portuxés, ao Concello!

Esta mesma mañá, a edil de Cultura, Alma Barrón, visitou o andar superior da Casa da Xuventude para reunirse con Luis da Silva e achegarse ás composicións pictóricas que entregará tras a finalización da súa mostra pictórica. O mar coma substrato da identidade aresá, o abano de tonalidades da luz no municipio ou a morfoloxía […]
Resultado primeira proba para a creación dunha listaxe de reserva para a cobertura das eventuais vacantes ou ausencias que se poidan dar nos postos de Limpiador/a Municipal
ACTA DA COMISIÓN SELECCIONADORA PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE RESERVA PARA A COBERTURA DAS EVENTUAIS VACANTES OU AUSENCIAS QUE SE POIDAN DAR NOS POSTOS DE LIMPIADOR/A MUNICIPAL PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS No salón de sesións do Concello de Ares, sendo as 10:30 horas do día 9 de setembro de 2022, […]
O programa municipal do SendAres 21-22, coordinado pola Concellaría de Deportes, puxo fin a toda a súa actividade durante esta fin de semana pasada desfrutando da riqueza paisaxística de Asturias

En dúas etapas, os sendeiristas descubriron as fouces do Esva e, logo, a Senda de Naviega; espazos increíbles marcados pola natureza, o mar e un camino que transita de maneira lineal cos cantís!
Ares propón unha viaxe a Lugo polo San Froilán

A Concellaría de Igualdade e Benestar facilita o desprazamento á veciñanza de calquera idade que desexe desfrutar dunha celebración xa consolidada dentro do outono galego. Habilitarase un autobús para ir á cidade lucense o venres, 7 de outubro, cun custe de 10 euros ida e volta. Será necesario apuntarse previamente dende hoxe nos Servizos Sociais […]
E Ares marchou contra o cancro!

A xornada vivida onte exemplificou o forte compromiso da nosa localidade cunha causa solidaria que é fundamental na sociedade actual. Preto de 300 persoas percorreron a costa do municipio nunha andaina con carácter interxeracional: dende os máis pequenos ata os máis maiores aproveitaron a boa climatoloxía para colaborar coa Asociación Española Contra o Cancro en […]
O Concello anuncia a oferta de escolas deportivas e culturais dispoñibles a partir de outubro

A veciñanza aresá poderá achegarse a diferentes iniciativas que van dende o tenis, o voleibol ou a vela lixeira á danza moderna, a pintura infantil e a gaita. O prazo de inscrición para os empadroados/as arrancará xa o próximo luns, 12 de setembro, ata completar grupos, cun proceso integramente telemático a través da páxina web […]
A exposición “Nós somos elas” recala en Ares para visibilizar o papel das mulleres na sociedade

A Alianza Aresana contará con 24 fotografías de retratos femininos no seu ámbito privado e laboral, todas elas realizadas polos fotógrafos Vidal. Estará dispoñible ata o 25 de setembro, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas. A Alianza Aresana acolle dende hoxe, venres, 9, ata o 25 de setembro a exposición “Nós somos […]
Arrancan as obras de rehabilitación do lavadoiro de Bulleiro, en Lubre

A intervención recuperará un lugar con interese etnográfico, en consonancia coa liña de traballo que se vén a desenvolver dende o Concello e que puxo en valor outros lavadoiros coma o de Baixolo. Parten dun orzamento próximo aos 20.000 euros, con cargo ao Instituto Galego da Vivenda e Solo, e estarán listas a finais deste […]
Ares organiza obradoiros de lectoescritura, memoria e risoterapia para maiores

As persoas con máis de 55 anos empadroadas no municipio xa poden inscribirse ata o 30 de setembro formalizando a súa solicitude nos Servizos Sociais de Ares. A Concellaría de Igualdade e Benestar vén de informar da apertura do prazo de inscrición nos tres obradoiros que se promoven dende Servizos Sociais de Ares, todos eles […]