A Academia AresXSaúde principia con gran acollida abordando a xestión emocional

A veciñanza encheu o salón de actos da Alianza Aresana na primeira sesión da nova edición da Academia AresXSaúde, o programa municipal pensado para introducir hábitos saudables e ferramentas prácticas de benestar no día a día. O psicólogo José Barcia Tuccelli guiou unha charla divulgativa centrada na importancia de coñecer, identificar e regular as emocións, afondando tamén no papel do mindfulness como aliado […]

Ares xa ten o seu calendario municipal para o 2026

Despois de fallar o IX Concurso de Fotografía Xuvenil, o Concello pon a disposición da veciñanza o novo almanaque coas instantáneas dos rapaces e rapazas tanto gañadores coma finalistas.   Este venres pasado a Alianza Aresana acolleu o acto de entrega de premios do IX Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares, un evento que […]

Ares contará con dúas actuacións de rondallas para celebrar o Día do Músico

As rondallas de Trovadores de Ares e Lucero del Alba de Neda estarán o próximo domingo, 23 de novembro, no Casino Aresano para celebrar o Día do Músico 2025. Os espectáculos musicais das dúas agrupacións, programados pola Concellaría de Cultura, comezarán a partir das 18:30 h. e servirán coma conmemoración dunha data que rende homenaxe […]

O Concello publica o novo itinerario dos puntos limpos móbiles municipais

Coa posta en marcha do segundo vehículo que vén de ser adquirido recentemente para a flota municipal, o servizo itinerante que leva os puntos limpos móbiles ás parroquias e núcleos rurais de Ares incrementa a súa frecuencia de estacionamento. Así, o servizo de recollida estará a disposición da veciñanza máis asiduamente, dividindo a recollida de […]

Verónica Rodríguez Martínez: un novo motivo de orgullo para Ares

A veciña aresá Verónica Rodríguez Martínez sumou este mes de novembro un novo recoñecemento na súa traxectoria académica: vén de recibir o Premio Fin de Carreira 2023/2024 polo seu expediente académico no Grao en Filosofía, sendo unha das 100 mellores estudantes de todo o sistema universitario galego. Este recoñecemento galardoa a excelencia de Verónica nos […]

Adxudicadas as obras para a mellora do sistema de abastecemento de Ares

A Xunta, a través da entidade pública de Augas de Galicia, vén de anunciar nesta pasada fin de semana a adxudicación dos traballos de mellora do sistema de abastecemento en Ares, un proxecto deseñado para rematar cos problemas de auga na vila cun investimento total de 4,3 millóns de euros, incluído neste importe final a […]

O Concello organiza a primeira charla divulgativa da Academia AresXSaúde

‘Xestión emocional: mellora o teu día a día coñecendo as túas emocións’ é o título desta sesión dirixida por José Barcia Tuccelli, psicólogo e licenciado en Ciencias da Actividade Física e Deportes. Será o vindeiro 21 de novembro ás 19:00 horas no salón de actos da Alianza Aresana.   As Concellarías de Deportes e Igualdade […]

A IV etapa da Liga Galega de Patinaxe Freestyle chega a Ares

O sábado, 22 de novembro, o pavillón polideportivo municipal acollerá a cuarta etapa da Liga Galega de Patinaxe Freestyle Xunta de Galicia, un evento competitivo federado que organiza a Asociación Deportiva e Cultural Alquimia Inline. Dende as 10:00 até as 18:00 h., realizaranse tres modalidades de patinaxe -team battle, street e derrapes-, con entrada libre. […]

Instalación dos puntos limpos móbiles no Porto e Lubre

O Concello vén de habilitar o novo punto limpo móbil adquirido recentemente, de tal maneira que a partir de agora operará en paralelo xunto co vehículo xa existente, reforzando a infraestrutura de reciclaxe e tratamento de residuos. Así, os operarios municipais ubicaron un destes puntos limpos móbiles na contorna do Porto -o novo vehículo-, namentres que […]