O teatro achégase á Escola Infantil da Galiña Azul de Ares

Paula Regueiro e Lucía L. Golán, ambas actrices tituladas, desembarcaron co seu espectáculo “Que animaliño é?” cargado de música, animais e diversión! A escola da Galiña Azul acolleu este venres pasado unha sesión de teatro infantil para que os máis pequenos e pequenas coñezan e recoñezan as cousas do seu redor a través da estimulación […]
Ares e outros 10 municipios conclúen que as modificacións do plan de transporte non solucionan os problemas na comarca

Nun escrito de alegacións dirixido á Dirección Xeral de Mobilidade sinalan os puntos críticos da proposta da Xunta de Galicia. O Concello de Ares, xunto con A Capela, Cabanas, Miño, Monfero, Neda, Ferrol, Narón, Fene, As Pontes e Pontedeume veñen de enviar un escrito á Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta coas alegacións á recente […]
O Concello invita a toda a veciñanza a sumarse ó acto de apoio á poboación de Ucraína

Lembramos que este domingo, 3 de abril, o Concello invita a toda a veciñanza a sumarse ó acto de apoio á poboación de Ucraína. O evento producirase ás 11:45 horas na Praza da Constitución e contará tamén co seu valor simbólico. Membros de familias ucraínas residentes en Ares lerán a declaración institucional aprobada no pleno […]
O alumnado de Reinicia VIII comeza coas tarefas de conservación da contorna de Montefaro

Os 10 alumnos/as-traballadores da especialidade de “Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes” levan a cabo traballos de roza como parte das súas prácticas profesionais. O obradoiro de emprego promovido por Ares, Cabanas, Fene e Mugardos sirve como unha vía para certificar a adquisición de competencias no eido laboral. Ao longo das pasadas semanas, […]
O Concello licita os traballos de adecuación do aparcadoiro próximo á Reitoral

A obra mellorará o estado xeral da área de estacionamento, incorporando losa céspede en cada unha das prazas, amais de novas luminarias de tipo LED e unha unidade de carga de vehículos eléctricos. Parten dun orzamento de 59.012,29 euros e un prazo de execución aproximado de 2 meses dende o seu inicio. Ares contará nos […]
Aberta a inscrición de “Lánzaste con nos?”

O Concello vén de comunicar que xa está activa a inscrición para empadroados en Ares de “Lánzaste con nós?”, a actividade destinada aos mozos e mozas nados entre 2000 e 2009 para gozar da tirolina máis longa de Galicia! Un lanzamento que, ademais, será o remate dun pequeño itinerario sendeirista e cultural polo antigo complexo […]
O Concello e a Xunta asinan o convenio para a futura ampliación do CPI As Mirandas

O alcalde de Ares, Julio Iglesias, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, formalizaron onte o inicio dos trámites para a futura ampliación do colexio CPI As Mirandas, coa sinatura do convenio de colaboración entre ambas institucións. Adquírese así o compromiso de materializar unha mellora substancial e fundamental para a localidade, co […]
O Concello activa a penúltima ruta do SendAres na súa tempada de inverno-primavera

Hoxe, mércores 30 de marzo, ás 23.59 horas, a Organización abrirá o período de inscrición para todas aquelas persoas interesadas en desfrutar da costa de Ares-Chanteiro. A actividade levarase a cabo o 24 de abril, percorrendo parte do itinerario das rutas turístico-deportivas do Concello, e terá un custe de 10 euros, xa co transporte de […]
Un contacontos, un obradoiro de cociña e teatro infantil para os nenos e nenas de Ares

A semana remata no municipio con varias actividades que atenden a diferentes rangos de idade. O xoves centrarase nos pequenos de 5 a 9 anos e o venres, de 0 a 4. A biblioteca municipal e a escola infantil da Galiña Azul servirán de escenarios destas programacións municipais. A Concellaría de Cultura da localidade vén […]
O Concello organiza un acto para amosar o seu apoio ao pobo ucraíno

Durante a mañá do domingo, 3 de abril, a Praza da Constitución de Ares acollerá a lectura dunha declaración institucional a prol de Ucraína, xunto coa actuación da banda de música da asociación cultural Xábrega. O evento súmase a outras accións promovidas polo ente municipal, dende a concentración na entrada do consistorio á campaña de […]
A Asociación Española contra o Cancro de Ares presenta á súa xunta local

O evento celebrarase o próximo venres, 1 de abril, ás 19.30 horas no salón de actos da Alianza Aresana. Incluirá unha charla para afondar nos servizos e programas de apoio da organización sen ánimo de lucro, centrada na loita do cancro na nosa sociedade. A sede en Ares da Asociación Española contra o Cancro avanza […]
O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) estrea “BEBeGALe”, un espazo web para que os pequenos e pequenas gocen do galego

Iolanda Gomis, a técnica de normalización lingüística do Servizo compartido entre Ares, Cabanas, Mugardos, Neda e Valdoviño presentou nestas últimas xornadas un apartado web destinado aos nenos e nenas de 0 a 4 anos. “BEBeGALe” é un recompilatorio de contos narrados e musicados, curtas de animación e outros tantos contidos divertidos en galego con amables […]