Julio Ignacio Iglesias Redondo, alcalde de Ares, e Alma Barrón, concelleira de Cultura, veñen de visitar o Consulado de Cuba en Santiago de Compostela para coñecer á súa nova cónsul, Ingrid Izquierdo, nombrada en novembro de 2022.

Comparte esta nota de prensa

O encontro entre ambas partes realizouse o venres pasado, 17 de marzo, e serviu para estreitar lazos e procurar novas vías de colaboración, amais de abordar os vencellos histórico-culturais que unen Galicia e Cuba, especialmente con Ares e co seu pasado indiano.

A cónsul Ingrid Izquierdo tamén regalou á nosa vila o exemplar de “Versos” de José Martí, unha compilación de poemas do que se considera o iniciador do modernismo literario en Hispanoamérica, nado na Habana. Se tes interese, o libro estará dispoñible para préstamo na biblioteca municipal de Ares!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.