Esta fin de semana toda a localidade ten unha cita ineludible coa tradición e a arte efémera!!

As alfombras florais regresan a Ares, xa dende a tarde-noite deste sábado, que arrancará a súa confección, ata o domingo, coa procesión. Anímate a botar unha man e a vivir unha das celebracións con maior identidade do noso municipio! Tamén lembramos que nas dúas xornadas, 18 e 19 de xuño, se organizará o Concurso de […]
Bases para a provisión en réxime laboral temporal de 7 Peóns para os Servizos Municipais de Limpeza de Praias Verán 2022.
A vista da Resolución pola que se aproba a concesión provisional de subvencións correspondentes ao programa MA100: subvencións a concellos para limpeza de praias marítimas no ano 2022, publicada no BOP nº 107 de 7 de xuño de 2022, elabóranse as: BASES PARA A PROVISIÓN EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE 7 PEÓNS PARA OS SERVIZOS […]
O Concello executará a pavimentación do camiño de subida a Barracido dende Marina do Pombal

A Concellaría de Urbanismo vén de informar dunha das futuras intervencións que se acometerán no termo municipal: a pavimentación do tramo existente entre aproximadamente a saída da urbanización de Marina do Pombal ata o cruce en dirección Rodelas e Solaina. A obra de mellora desta vía municipal suporá un investimento de 48.212,53 euros, asumidos entre […]
Ares acollerá a XIV Edición do Campus Chiquibásquet

A concelleira de Deportes, Noelia Montero, e Chiqui Barros, do Campus, presentaron un ano máis a tradicional iniciativa centrada na formación en baloncesto para os mozos e mozas de 5 a 18 anos. Organizarase do 1 ao 5 de agosto, coas últimas prazas a disposición dos interesados/as. O Campus Chiquibásquet volve ao municipio aresán na […]
O Concello presenta a programación cultural do verán con preto de 75 actividades

Hibridada con propostas deportivas e turísticas, a oferta da área dirixida por Alma Barrón chega a Ares co foco posto na “recuperación”. Festas populares, charlas literarias, concertos, teatro, exposicións… a localidade dinamizarase con propostas para todos os públicos. O regreso ao ritmo e desfrute dun verán prepandémico: esa é a máxima que resalta Alma Barrón, […]
Abre a Oficina de Turismo de Ares con novos servizos de guía

Neste verán, o Mosteiro de Santa Catalina verá ampliado o número de visitas guiadas, realizándose o luns e xoves, e promoveranse percorridos polo alboio de Redes os martes e venres. Tamén se mantén o aluguer de bicicletas municipais e ofrecerase información sobre as rutas marítimas e de sendeirismo que están activas. O stand de Turismo […]
Este sábado pasado, o Concello e o Club de Remo de Ares renderon homenaxe ós equipos da nosa localidade que acadaron postos destacados nas súas competicións!

Podes ver embaixo todas as categrías que recibiron o merecido recoñecemento polo esforzo e traballo que hai detrás de cada bo resultado: ALEVÍN FEMININO – Subcampionas galegas na modalidade de bateis CADETE MASCULINO – Terceiro posto a nivel galego e clasificados ao Campeonato de España na modalidade de bateis XUVENIL FEMININO – Terceiro posto a […]
Ares comeza coas rutas turísticas en barco pola ría

O Concello lanza o servizo de “Ares desde o Mar” para explorar e percorrer os principais puntos costeiros do municipio. A posta en valor do patrimonio litoral e a divulgación da cultura mariñeira serán os dous eixos da iniciativa. A concelleira de Turismo, Lucía Blanco, vén de anunciar esta mesma mañá as novidades relacionadas co […]
Aviso corte de Auga

O Servizo Municipal de Augas informa de que mañá, mércores, 15 de xuño, se procederá á interrupción temporal do subministro dende as 08:30 horas ata a finalización das obras de reparación dunha fuga. O corte abarcará as rúas Avenida de Mugardos —dende o edificio de Asturgal ata o cruce de Celso Emilio Ferreiro —; a […]
Esta semana, o alumnado de 1º e 2º da ESO do CPI As Mirandas goza do remo!

Preto de 80 estudantes participan nas xornadas de iniciación para coñecer un deporte fundamental en Ares, a súa historia e tamén a técnica que require a súa práctica. Na presentación desta acción, organizada onte, achegáronse ao ergómetro e ás embarcacións, co recibimento no Club Remo de Ares! As xornadas continuarán ata o venres, con saídas […]
A poesía e a música encheron a fin de semana do municipio

A través da programación da área de Cultura, a veciñanza puido coñecer o primeiro poemario de Antonio Seijas, “Teorías do Fin”, no salón de actos da Alianza Aresana. Unha tarde especial para acompañar ao autor e artista aresán na súa introducción no eido poético! No acto, introducido pola concelleira Alma Barrón, a escritora Andrea Maceiras […]
O sendeirismo en Ares non para!

Esta fin de semana, levouse a cabo a primeira ruta do SendAres na súa tempada de verán, mantendo as máximas de toda a proposta da Concellaría de Deportes: explorar espazos de gran valor natural a través da práctica deportiva. Os sendeiristas descubriron a biodiversidade arredor do río Sor, discurrindo sempre polas súas marxes, e puideron […]