O xadrez volve con forza esta fin de semana a Ares!

O domingo, 13 de outubro, o Casino Aresano converterase en sede do Torneo de Xadrez Concello de Ares! Unha iniciativa para os amantes deste deporte mental que se producirá tanto de mañá como de tarde. Na procura de partidas vistosas e dinámicas, aplicarase un ritmo de xogo de 20 minutos baixo unha modalidade denominada como […]
Punto limpo móbil dispoñible en Seselle

O punto limpo móbil do Concello xa está dispoñible en Seselle para a recollida de residuos especiais ao longo de toda a semana. Lembra que alí podes depositar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.
Aviso da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior por fenómenos metereolóxicos adversos

A Axencia Estatal de Metereoloxía (AEMET) informa no seu boletín dun fenómeno metereolóxico adverso por choivas que afectarán dende as primeiras horas da tarde deste martes, 8 de outubro, con nivel de alerta AMARELO, até o remate do mércores, 9 de outubro, onde se incrementa a alerta a LARANXA en toda Galicia. Estímanse precipitacións acumuladas […]
Cancelación do servizo de renovación de DNI

Por motivos alleos ó Concello, infórmase da cancelación do servizo de renovación do Documento Nacional de Identidade (DNI) que se estaba a prestar na Biblioteca Municipal de Ares ata novo aviso. Asimesmo, contactarase coas persoas que se atopaban en lista de agarda para a renovación comunicando esta suspensión. Desculpen as molestias.
Ares acollerá dúas charlas de AFAL centradas no alzheimer e outras demencias

Durante as xornadas do 15 e 17 de outubro, expertos desta asociación que traballa para facilitar a vida dos enfermos de Alzheimer e as súas familias achegaranse até o salón de actos da Alianza Aresana. É necesario inscribirse previamente para acudir no teléfono 981 468 102, vía e-mail contactando con sociais@concellodeares.com ou presencialmente no Departamento […]
A Concellaría de Cultura organiza unha nova edición do ‘Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares’

O certame fotográfico anima á mocidade de entre 8 a 18 anos a presentar as súas instantáneas do 7 ao 31 de outubro, coa posibilidade de sumarse ó calendario municipal de 2025 e gañar unha tablet ou cámara fotográfica, amais dun lote de libros. Haberá dúas categorías de participación: de 8 a 12 anos e […]
O Concello completa a mellora do Camiño de Barracido a Pallizo

Os traballos, cun investimento total de 44.405,22 euros co apoio de AGADER para o seu financiamento, concluíron esta semana, incorporando un novo aglomerado asfáltico. “Despois de urbanizar o Camiño de Maiobre, en Lubre, sumamos agora esta segunda intervención máis recente de mellora dos viais municipais. E non é a última, pois xa se están […]
Ares despide o Festival Internacional de Entes Animados con aforo completo

A veciñanza aresá amosou o seu interese polos títeres enchendo o salón de actos da Alianza Aresana! O portugués Rui Sousa chegou cos seus monicreques para representar ‘Sem pés nem cabeça’ o venres pasado, no marco do VI Festival Internacional de Entes Animados (FESTEA) que se estaba a celebrar en toda a comarca. Con Sousa […]
Ares recupera o seu Torneo de Xadrez na súa oitava edición

O evento deportivo, que xa se realizaba anos atrás no municipio aresá a través dun club de xadrez local, recupera o seu espíritu organizativo e recalará no Casino de Ares ao longo do domingo, 13 de outubro. Precisará de inscrición previa vía e-mail ou telefónica para participar nalgunha das sesións de tarde ou de mañá. […]
O Torneo de Xadrez Concello de Ares volve á vila para celebrar a súa oitava edición

O evento deportivo, que xa se realizaba anos atrás no municipio aresá a través dun club de xadrez local, recupera o seu espíritu organizativo e recalará no Casino de Ares ao longo do domingo, 13 de outubro. Precisará de inscrición previa vía e-mail ou telefónica para participar nalgunha das sesións de tarde ou de mañá. […]
Punto limpo móbil dispoñible na contorna do Porto

O punto limpo móbil do Concello xa está á disposición da veciñanza na contorna do Porto durante toda esta semana para que se depositen os residuos de tratamento especial. Lembra que alí podes deixar: Pilas e baterías, Lámpadas e tubos fluorescentes, Aceites vexetais e minerais, Pequenos electrodomésticos, Roupa e calzado.
Declaración de loito oficial polo tráxico accidente do mozo Lucas Seijo

Como testemuño do pobo de Ares polo falecemento tras o tráxico accidente do mozo de 14 anos Lucas Seijo, veciño de Chanteiro, desaparecido o pasado venres e atopado sen vida no mediodía do 28 de setembro, Facendo uso das atribucións que me confire o art. 21 da Lei 7/85 de 2 de abril, Reguladora das […]