Danza, música e poesía para honrar a memoria migrante

Comparte esta nota de prensa

O equipo actoral de Gallaecia Eventos achegouse este sábado pasado até Ares para contar, fusionando danza, música e poesía, un relato que resoa na memoria colectiva da vila: aquela que fala de tantas persoas que emigraron na procura dun futuro mellor.

O espectáculo ‘Na Cerna do Son’ debullou unha travesía que uniu Galicia e Latinoamérica a través de melodías tradicionais alén mar, mais tamén cantos de traballo e alalás.

Co talento de Cristian Leggiero ao piano, Paty Lesta como cantante, Moisés Fernández no caixón flamenco, Ricardo Fernández como bailarín, Luis Iglesias dende a narración e Iván Villar na dirección escénica, no Casino Aresano viviuse unha viaxe emocional arredor do proceso migratorio entre ambas beiras do Atlántico.

O acto, programado pola Concellaría de Cultura, contou coa colaboración da Deputación da Coruña, dentro do seu programa Outono das Artes, e do Casino.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Unha xornada de pesca e tradición en Chanteiro

Compartimos algunhas imaxes do XXXIII Concurso de Pesca Deportiva, organizado polo Centro Cultural Outeiro de Chanteiro en homenaxe a Lolo do Outeiro e Andrés Pedre.